blix



Daniel Ameixeiro: Bonifacio foi a palacio
Ilustracións de Xosé Cobas
Col. Ala Delta, 51. Serie Verde
Ed. Edelvives. Zaragoza, 1999

Bonifacio foi a palacio

Relato de aventuras que se inicia cando a filla de Bonifacio, Xiana, lle pide ao seu pai que lle lea un conto. Bonifacio entón diríxese á librería e o dependente ofrécelle un libro titulado "Bonifacio foi a palacio", coa condición de que o devolva antes de catro días. Ante a présa da devolución, Bonifacio le avidamente o libro todas as noites á súa muller e á súa filla, ata que se decatan de que algo fascinante está a ocorrer: Bonifacio é o protagonista das aventuras que el mesmo lles le, que comezan cando o mensaxeiro do rei vén buscalo para levalo a palacio e unha vez alí ten que resolver unha serie de conflictos que o rei lle encomenda. Se Bonifacio non resolve o encomendado polo rei antes de catro días, quedará atrapado para sempre no mundo do palacio.
O lector somérxese así na presencia de dous mundos paralelos: o real, no que vive a familia de Bonifacio, e o fantástico, que sucede no conto lido en voz alta. Asistimos así á técnica dun relato inserido dentro doutro relato, no que se superpoñen dous tipos de aventuras que converxen nun mesmo desenlace.

108 p. - 18x13 cm.                                                          ISBN    84-263-3847-X



A nosa literatura infantil e xuvenil 1999
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil). Coordinación: Mª Isabel Soto López
Catalogación: Pedro Lucas - Biblioteca "Nova 33"
Col. Guías culturais, 22. Dirección Xeral de Promoción Cultural. Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 2001



Opinion