blix



Manuel María: Barriga verde
Ed. e Introd. Santiago Esteban Radio
Galiza Editora. Ourense, 1996

Barriga verde

Reedición desta peza teatral publicada por primeira vez en 1968 en Edicións Castrelos. Na introducción que acompaña ao texto, inclúese unha biografía de Manuel María centrada no seu labor poético e xornalístico e unha análise das características da obra teatral do lucense. O autor da mesma propón unha clasificación temática das obras do poeta da Terra Cha en cinco apartados: dramas de carácter histórico, farsas cómicas destinadas a un público infantil, autos cómicos, satíricos ou poéticos, farsa político-social de carácter satírico e traxedia. Remata a introducción cunha proposta de actividades sobre o texto e cunha bibliografía.

95 p. - 21x13 cm.                                                          ISBN    84-86129-27-3



A nosa literatura infantil e xuvenil 1996
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia
Coordinación: Mª Isabel Soto López
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 12. 1998



Opinion