blix



Manuel Rivas: Bala perdida
Ilustracións de Miguelanxo Prado
Col. Infantil-Xuvenil. Serie Laranxa
Alfaguara / Obradoiro. Vigo, 1996

Bala perdida

Relato infantil que se adapta ós esquemas clásicos das narracións de aventuras protagonizadas por piratas, actualizando o xénero mediante a inserción de referencias que o sitúan de cheo nos nosos tempos.
A historia transcorre nunha pequena cidade chamada Atlán, na Costa da Morte. O heroe, Bala Perdida, un pirata con pata de pao, posúe unha estricta conciencia que lle obriga a devolver un tesouro tinguido de sangue: o ouro que os nazis roubaron ós xudeus. Bala Perdida contacta coa redactora dun xornal de Atlán, o Celtic News, Rosa Ribeiro O´Flaherty, para que o axude. Tras moitas aventuras, o tesouro volve a mans dos seus verdadeiros donos e ademais descóbrese que o pirata agocha un bo corzazón e moitos lazos que o unen a Rosa.

102 p. - 20x12 cm.                                                          ISBN    84-8224-065-X



{short description of image} A nosa literatura infantil e xuvenil 1996
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia
Coordinación: Mª Isabel Soto López
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 12. 1998



Opinion