blix

autor          ·          lector         ·         colección         ·          xénero         ·          ano



Xelucho Abella Touciño: As aventuras de Pelusa
Ilustracións de Suso Blanco Cubeiro
Col. O Trolebús, 9. Ed. Casals
Barcelona, 1998

As aventuras de Pelusa

A través da lectura dos vinteún episodios que conforman esta obra narrativa, poderá o lector aproximarse á ardua e, ó mesmo tempo, solidaria vida de moitos dos animais que viven en liberdade.
Pelusa é unha cadela que, sen coñecer a razón, foi abandonada polos seus amos nunha estrada. Mais, pouco a pouco e gracias á súa afouteza e xenerosidade, gañará a amizade da londra Luva, duns cans desamparados, dos paxariños da ramalleira, da gata felina e das súas crías, animais cos que, día a día, vivirá unha serie de acontecementos felices e arriscados sempre provocados polos humanos, a quen lles salvará a vida en certas ocasións e quen tamén saberán agradecelo.

168 p. - 20x12 cm.                                                     ISBN    84-218-1995-X



A nosa literatura infantil e xuvenil 1998
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia
Coordinación: Mª Isabel Soto López
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 18. 2000



Opinion