| Ramón
Caride: As aventuras de Said e Sheila Ilustracións de Miguelanxo Prado Eds. Xerais. Vigo, 2001 |
![]() |
Edición especial en capa dura da serie de
aventuras e fantasía científica protagonizada polos irmáns
Said e Sheila. Reúne as narracións Perigo
vexetal, Ameaza na Antártida,
O futuro roubado e mais A primeira aventura,
publicada con anterioridade no volume colectivo Historias para calquera lugar. Reprodúcense
tamén as ilustracións que figuran na primeira edición dos
libros. |
|