| Fina
Casalderrey: Ás de mosca para Anxo Ilustracións de Manuel Uhía Col. Sopa de libros, 6. Editorial Anaya. Madrid, 1998 |
|
Ó longo dos 32 capítulos desta novela, unha primeira persoa narrativa cóntano-la historia de Estela Canedo, unha nena que ten dificultades para se integrar nas actividades da escola. Nun principio é obxecto das burlas e das bromas pesadas dos compañeiros debido á súa bondade e inocencia. Segundo se vai integrando, convértese na líder da aula, sobre todo despois da súa desaparición, debida a unha confusión cun traballo escolar no que se lles pedía ós alumnos unha carta de solidariedade cun home secuestrado por unha banda terrorista. A ausencia de Estela provoca a mobilización dos compañeiros na súa procura. |
|
| A nosa
literatura infantil e xuvenil 1998 Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia Coordinación: Mª Isabel Soto López Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 18. 2000 |
|
||||||||||