blix



Concha Blanco Blanco: ¿Andrómenas?
Ilustracións de Julio Gutiérrez Más
Col. O Barco de Vapor, 17 / Serie Vermella, 4
Ediciones S.M. Madrid, 1989

Andrómenas

Suso ten trece anos, dúas irmás e un irmán xémeo, Antón, que levou con meses unha tía para Arxentina. Un día comezan a ocorrerlle cousas moi estrañas: na biblioteca, ao abrir o libro "Viaxa libremente", sentiu que suaba e voaba por riba das casas ata que o rescataron, pois quedara pechado e xa era noite. Logo, na casa atopou un chaveiro que cambiaba de imaxes para el só. Ao buscar unha pelota saltarina por baixo da cama, había unha pluma de cores que proxectaba imaxes difusas que o retiñan onda ela. A véspera de San Xoán, agardando por un amigo, pecháronselle os ollos e viu a fraga coas árbores cheas de figuras; ao espertar, nunha había un pano oloroso cun "A" bordado.
O avó contoulle que cando era mozo atopou na noite unha señora vella e con caveira, máis adiante unha galiña con pitiños e despois un home misterioso. Ao chegar á casa, morrera a súa mai. Son andrómenas da noite.
O derradeiro día do curso, van de excursión un grupo de amigos, entre eles Inés, a rapaza que lle gusta. Xogan a soñar e déitanse cos ollos pechados. A Suso desaparécelle a chapa que levaba na camisa e aparécelle outra que pon LOVE. No xogo das notas anónimas, decláraselle a Inés. Mándalle logo unha foto súa no colexio a Antón, quen ese mesmo día estaba escribíndolle na Arxentina anunciando que ía vir ás festas patronais de agosto. Trouxo nun paquete as cousas que lle faltaran. ¡E Suso decátase de que xa vira a súa cara nos soños! Non se explica cómo puido ser.

112 p. - 19x12 cm.                                                           ISBN    84-348-2946-0



Opinion