blix

autor          ·          lector         ·         colección         ·          xénero         ·          ano



Agustín Fernández Paz: Amor dos quince anos, Marilyn
Ilustracións de Andrés Meixide
Col. Merlín. Edicións Xerais
Vigo, 1995

Amor dos quince anos, Marylin

Cinco contos escritos no 1995 son a homenaxe do autor ó cine no centenario do seu nacemento. Dese xeito quere pagar a débeda que ten coa "fábrica de soños".
Cada un destes relatos nace dun "anuncio por palabras" igual que aqueloutros que aparecen en Contos por palabras.
Amor dos quince anos, Marilyn é un verso de Antonio Martínez Sarrión que dá lugar ó título de conto e libro. Cada vez que un cine se pecha, a máquina de proxección ponse en marcha, o feixe de luz asolaga a pantalla, por ela van pasando anacos das mellores películas empatadas, e deles van saíndo as estrelas de tódolos tempos, que se sentan nas butacas para celebrar asemblea. Un escritor nostálxico ha de enfrontarse á invitación de Marilyn.
Un problema de ósos é o que ten Drácula cando vén á Coruña despois de ler a Guía de Galicia de Otero Pedrayo. A artrose é unha enfermidade nova para o vampiro, pouco acostumado a estas humidades, e farao fuxir á Transilvania.
Malos tempos para pantasmas diranos un primoxénito do señorío de Bergondo mentres nos conta a maldición que pesa sobre a súa familia. Un templo para gatos e Un soño que adelgaza son tamén narracións en primeira persoa nas que o autor lles dá vida no papel ás historias que andan agachadas nos xornais.

176 p. - 19x14 cm.                                                             ISBN    84-7507-952-0


{short description of image}

A nosa literatura infantil e xuvenil 1995
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca Pública Municipal de Narón.
Coordinación: Carmen Bar Cendón, Xulia Barros e Mª Xesús Fernández.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 9. 1997



Amor dos quince anos, Marilyn

Agustín Fernández Paz:
Amor dos quince anos, Marilyn
Col. Fóra de xogo, 51. Edicións Xerais. Vigo, 2001

Edición en colección xuvenil sen ilustracións nin a sección "Cando o autor fala de si"



156 p. - 21x13 cm.         ISBN    84-8302-608-2



.  
TRADUCIÓNS

castelan Amor de los quince años, Marilyn
Trad. Rafael Chacón Calvar
Col. El barco de vapor. Roja, 96 . Eds SM. Madrid, 1997
160 p. - 19x12 cm / ISBN:84-348-5271-3
catalán Amor dels quinze anys, Marilyn
Trad. Josep Franco Martínez
Col. L'espurna, 44. Ed. Bromera. Alzira, 2000
136 p. - 21x13 cm / ISBN: 84-7660-502-1

.  
RECENSIÓNS

  .  Atlántico diario



Opinion