| Ramiro J.
Álvarez: Amigos en tempo
real Ilustracións de Sandra Fernández Carmelo Col. Sete Mares, 6. Editorial Galaxia Vigo, 2000 |
|
Antón ten
unha perna ortopédica. Cando os amigos xogan ao futbol na praza vermella
el fai de porteiro. Pero por non abusar da súa eiva física, todos
fallan aínda as ocasións claras de gol. Teñen que buscar
unha alternativa para que el estea entretido mentres eles lle dan á
pelota de goma. |
|