blix



Ramón Caride: Ameaza na Antártida
Ilustracións de Miguelanxo Prado
Col. Merlín. Eds. Xerais
Vigo, 1997

Ameaza na Antártida

Said e Sheila son dous orfos de catorce e doce anos que están vivindo no 2077. Han de enfrontarse á poderosa organización de Koprissos que pretende facerse dono do mundo ou destruí-lo facendo explosionar bombas colocadas na Antártida.
De novo o ben vencerá ó mal e farao gracias ós sentimentos e afectos. Os irmáns contarán coa axuda do profesor Kim-Sam e do seu fillo Yu-Su, así como a colaboración de Irina, unha nova amiga que dá bastante que falar.
Este relato de ficción científica parece se-la continuación de Perigo vexetal, a novela do mesmo autor que acadou o Premio Merlín en 1995 e coa que comparte protagonistas, época e estructura narrativa.
Na despedida, tanto Said como Sheila dinnos un "¿Ata máis ver!" polo que parece que a saga vai continuar.

128 p. - 19x14 cm.                                                             ISBN    84-8302-564-7



{short description of image}

A nosa literatura infantil e xuvenil 1997
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil).
Coordinación: Mª Isabel Soto López.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 17. 1998



.  
MATERIAIS

  .  Proxectos de Animación á Lectura - Edicións Xerais




Opinion