blix



Lola Gándara: Alexandra
Col. Periscopio, 12. Edebé-Rodeira
Barcelona, 1999

Alexandra

Ao longo de vintedous capítulos e a través do relato en primeira persoa da protagonista principal, Patricia, o lector vai coñecendo as investigacións que a rapaza tivo que levar a cabo para descubrir as causas da desaparición de Alexandra Manrique, unha compañeira do instituto, da que non se sabe nada dende a noite na que asistiu a un concerto.
Todo comeza na noite dun venres cando Raquel, Patricia, Alexandra, Diego e Xabi acoden a un pub da cidade para ver unha actuación. Xabi, que acompañaba a Alexandra, está preocupado porque a rapaza marchou sen avisar. O luns todos comproban que non vai a clase e decídense a ir á súa casa para comprobar alí que aquel non é o seu enderezo e que parecen non coñecela. Patricia continúa a indagar ata que descobre, coa axuda dunha rapaza punkie chamada Susana, unha historia do pasado que é a clave para coñecer quen é en realidade Alexandra e as causas da súa desaparición.
No transcurso do relato, vanse intercalando as voces narrativas do resto dos protagonistas, que van debuxando os diferentes trazos da personalidade de Alexandra na visión dos seus compañeiros.

162 p. - 19x14 cm.                                                           ISBN    84-8116-630-8



A nosa literatura infantil e xuvenil 1999
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil). Coordinación: Mª Isabel Soto López
Catalogación: Pedro Lucas - Biblioteca "Nova 33"
Col. Guías culturais, 22. Dirección Xeral de Promoción Cultural. Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 2001



Opinion