| Nacho
Pérez: Alba, unha aprendiz de meiga
Ilustracións Fran Jaraba Col. Ala Delta, 49. Serie Marrón Ed. Edelvives. Zaragoza, 1997 |
![]() |
A protagonista, Alba, é unha aprendiza de
meiga que narra os comezos do seu proceso de aprendizaxe para se converter
nunha meiga de pés a cabeza. Para isto, Alba terá que aprender e
superar unha serie de probas que están escritas no Libro Secreto das
Meigas. Entre outras, non poderá desvela-la súa identidade,
emprega-los seus poderes en beneficio propio ou considerarse superior ós
demais seres humanos. Deberá, así mesmo, coñece-la
historia dos seus antepasados, aprender da natureza, ser fiel e levar sempre
consigo o cofre de primeiros auxilios cos instrumentos imprescindibles. |
|
|
A nosa
literatura infantil e xuvenil 1997 |