![]() Mondoñedo, 1950. Son ilustrador, cartelista e deseñador de cerámica. O escultor valenciano Juan Puchades, o meu profesor de debuxo no Instituto de Mondoñedo, dirixiu os meus primeiros pasos no mundo da arte. En 1988 incorporeime ao gabinete de deseño da nova cerámica de Sargadelos. Alí adquirín unha ampla formación artística baixo a influencia de Luís Seoane e, sobre todo, de Isaac Díaz Pardo. Tamén alí desenvolvín a miña obra máis valiosa: o deseño da amplísima serie de pezas de cerámica de Sargadelos. Recibín diversos premios e recoñecementos pola miña producción artística. Na actualidade, ademais da miña actividade como ilustrador, cartelista e deseñador de exposicións, son o principal responsable do deseño da sección de cerámica de Sargadelos e da ilustración de libros, cubertas e carteis de Edicións do Castro. |