![]() |
Chámome Xaquín Marín Formoso. Nacín hai 50 anos en Ferrol. Eran anos de fame e algo había que facer ó non haber TV, así que comecei a debuxar con pizarra e cuspe, ata os nosos días nos que variei un chisco de técnica, pero tampouco vaiadades pensar. Levo feitas máis de 200 mostras, quizais 300. Por toda Galicia, España, Cuba, Puerto Rico, Bélxica, Canadá, Ucrania, Francia, Bulgaria, Turquía, etc. etc. Ilustrei libros de Neira Vilas, Ramón de Valenzuela, Ben Cho Sey, Manuel María, Pere Calders... tamén traballei na serie Canles e na serie Lingua. Traballei ou traballo en publicacións de todo o estado e algunhas do estranxeiro, citarei: La Codorniz, Hermano Lobo, Diario 16, Le Telegramme, Teima, A Nosa Terra, El Ideal Gallego, La Voz de Galicia... Teño moreas de premios, dos que saliento o 1º da Bienal de Bávrobo e dúas Paletas Agromán. Con isto e máis de 20 anos de traballo, cheguei a ser un ilustrador ó que ninguén dá traballo. |