 Nacín en Pontevedra en 1957. Son arquitecto e
profesor de debuxo de Ensino Medio en Vigo. Teño unha nena de 6
anos que se chama Alicia e que leva unhas gafas con dous
corazonciños vermellos.
Nos anos 79-81 vivín a aventura do teatro independente,
percorrendo toda Galicia cunha furgoneta chea de focos, traxes e
ferros que pesaban moito. Tamén nesta época fixen, con
outros debuxantes como Xan López Domínguez e Miguelanxo
Prado, unha das primeiras revistas de cómic que se fixeron en
Galicia, chamada Xofre.
Despois de gañar un premio de cómic para nenos, xurdiume a
oportunidade de ilustrar uns libros de texto para a editorial Anaya e
desde aquela fago da ilustración unha das miñas principais
actividades.
|