|
Ola. Chámome Fausto Castiñeira Isorna, pero no "mundillo" das artes gráficas coñéceseme por Fausto. Nacín en Catoira o primeiro de novembro de 1961, na mesma data que saíu á rúa o número 1 dos Catro Fantásticos. Empecei publicando os meus traballos nas marxes dos meus libros de texto, ata que creei a miña primeira revista de historietas, Diplodocus, con Manuel Quintáns, na que traballaron creadores mundialmente famosos (¿). A esta sucedéronlle nos anos 80 Valiundiez e Das Cápital, codirixidas con Arturo López Regueiro. Colaborei tamén noutras como Coordenadas, Aula Aberta ou Tintimán. Unha vez falecida a "Movida Galega" abrín o meu estudio de ilustración e deseño gráfico, que funciona na actualidade gracias á confianza que me dispensan entidades tan importantes como o Grupo Chévere, Milladoiro, a Sala Nasa, a Compañía de Teatro do Aquí, Edicións Positivas, Sotelo Blanco, etc. |