![]() |
![]() Xabier P. Docampo |
Son Xosé Cobas Gómez. Nacín na primavera do 53 en Logrosa-Negreira (A Coruña). Alí tiven a miña primeira escola. Despois estudiei na Coruña e Santiago. A miña actividade profesional móvese en tres terreos distintos: a pintura, a ilustración e o deseño gráfico. Como pintor fixen a primeira mostra individual na Coruña no ano 77, á que seguen outras exposicións por Galicia e-algunhas menos- fóra de Galicia. Participei en distintos certames e bienais en Pontevedra, León, Salamanca, Santiago, Guadaljara, Madrid, Oviedo... onde acadei distintas mencións, como no Certame Internacional Pérez Villaamil. No campo da ilustración teño publicado libros de poesía, de literatura infantil e xuvenil, de ensaio, de narrativa, e en xornais como La Voz de Galicia, onde ilustro desde o ano 1981. Actualmente traballo como deseñador gráfico na Deputación da Coruña. |