|
Ano de
Publicación. 2006
|
|
Autor. |
|
Coleccion.
|
|
Número de pax.
216 |
|
ISBN. 84-9782-402-4
|
|
|
|
 |
|
 |
|
 |
|
/17 - 4 -
2006/ De Rosalía de Castro ás poetas novas, Fran Alonso propón unha
viaxe polos poemas máis próximos, divertidos e desenfadados da poesía galega.
Poetízate é un libro pensado para as persoas que non están afeitas a ler
poesía, unha iniciativa intelixente que aposta por inserir a poesía no ámbito
do lúdico e como alternativa de ocio por riba de outras posicións máis
académicas.
María Xesús
Nogueira.Lugo
Atrapar novos lectores entre aqueles aos que se lles
presupón un desinterese e mesmo un rexeitamento da poesía é o obxectivo
último da antoloxía que Fran Alonso preparou para a colección xuvenil
Fóra de Xogo.
O singular título obedece a un propósito de
desacralización da poesía co afán de convertela nunha proposta lúdica e
nunha alternativa de ocio, afastada da seriedade academicista. Este obxectivo é formulado
con claridade no limiar que se presenta baixo o rótulo, tan orixinal como significativo,
A poesía non morde:
Poetízate é unha antoloxía
da poesía galega concibida e pensada para que ti, que non estás afeito a ler
poesía, te adentres no xénero. Verás que pretende unha viaxe por algúns
dos poemas máis amenos e desenfadados da poesía galega.
Fran Alonso
evita ademais calquera equívoco ao aclarar que non se trata dunha antoloxía
canónica nin persoal, senón dunha selección daqueles textos que, segundo
a miña intuición, conectan máis coa sensibilidade e as preocupacións
deses lectores e lectoras, e tamén [d]os máis comprensibles.
Da
desmitificación da poesía mediante a negación dalgúns tópicos
que circulan en torno a ela (romanticona, difícil, aburrida e lida por
catro tolos) ocúpase tamén o autor nun limiar que, paradoxalmente,
pódelles resultar de utilidade a algúns profesionais do ensino fracasados no seu
intento de achegar o xénero a un público reacio á lectura e aínda
máis á poesía. Nese senso son especialmente salientábeis algúns
consellos:
non creo que ninguén teña que obsesionarse con entender a
poesía. O importante, dígocho de verdade, non é entendela senón gozala,
sentila e, en todo caso, intuíla. [
] o fundamental na poesía non é
comprender o que se nos di senón sentir o ritmo do poema, a súa sonoridade, os xogos
de palabras que ás veces nos deslumbran, as fascinantes imaxes que nos ofrece. E
tamén os seus enigmas. Facer da poesía un pracer, en definitiva.
Na
mesma liña sitúase o apéndice Visita guiada, que o antólogo
inclúe nas últimas páxinas do libro. Trátase dunha guía
turística, un percorrido persoal por algúns dos poemas, cuxa
lectura non é imprescindible. De igual maneira que ocorre coa
introdución, o texto está redactado cunha linguaxe directa e coloquial
(¿sabes o que é unha autopoética?, dígocho de
verdade), que a miúdo bota man de imaxes procedentes do mundo do deporte
(Rosalía, que é a liña de saída da poesía
moderna).
Clásicos e contemporáneos No que se refire
ás composicións escolmadas e presentadas de maneira cronolóxica
apréciase un esforzo por incluír autores clásicos a través dos seus
textos máis asequíbeis. Así acontece con Rosalía, Pondal, Curros,
Cabanillas, Pimentel, Manuel Antonio, Iglesia Alvariño ou Cunqueiro, entre outros. Na
antoloxía recóllense tamén poemas dunha ampla nómina de escritores e
escritoras que publicaron nas décadas dos oitenta e noventa. Os límites da escolma
esténdense até a actualidade con mostras recentes da obra de Daniel Salgado (1981) e
Antía Otero (1982). A poesía preséntase deste xeito como un xénero vivo
e cultivado tamén polas voces máis novas da literatura
galega.
Poetízate é unha iniciativa intelixente para achegar a poesía a
un lectorado máis amplo que a miúdo queda fóra das expectativas dos axentes do
sistema literario polo peso excesivo da institución educativa. Malia ser este o seu destino
primeiro, a escolma ha ser tamén ben acollida noutros ámbitos debido á
súa defensa incondicional do pracer da lectura de poesía. Así se deduce desta
suxestiva definición da palabra poética que figura no limiar:
Porque a
poesía é o xénero máis libertario e transgresor. A lingua, nun poema,
é como o chicle, pódese sacar da boca e estirar até que rompa. E moitas veces
rompe. |
|