|
|
 |
| :: |
«Non teño nada claro ónde empeza a fantasía e
ónde remata a realidade» Paco Martín,
escritor Ramón Lamote. De profesión, ensinante de
chairego e debuxante de soños. E protagonista absoluto dun libro de contos, por virtude do
bo quefacer de Paco Martín. Ramón Lamote. Un home cheo de imaxinación e
fantasía, dúas cualidades que o escritor lugués cre imprescindibles nesta
vida, e que cómpre potenciar. Como el di, fantasía e realidade non son como o branco
e o negro, e moitas veces, onde menos o agarda un, alí está a maxia do inesperado. E
o pequeno, o miúdo, non ten por qué ser unha traba. |
| |
   |
| |
De Ramón Lamote di Paco Martín no
breve limiar que precede ós contos do libro que as poboacións cativas
«teñen sempre alguén que vén se-la representación viva das
rúas, xardíns e edificios, alguén que encarna a alma de pedra e cemento que as
conforma». ¿E a quen representa Lamote? Paco Martín, que acaba de chegar de
botar unha partida ó mus, explícase: «Ramón Lamote é unha
representación de Lugo, pero, por razóns obvias, non quere ser estrictamente
lugués. Probablemente, é un intento de universalizar, e rebater eso que hai uns anos
consideraba as cousas das vilas e cidades pequenas como de segunda categoría».
¿¿E vostede cre que no local está o universal?
¿E que era unha época na que só interesaban as cousas que ían
con maiúsculas, a min interésanme máis as minúsculas.
¿En todo caso, Ramón Lamote ten moito de fantasía.
¿Non teño claro ónde empeza a fantasía e ónde remata a
realidade, non o teño moi claro. Todos temos fantasía, porque é unha parte
nosa e moi importante. É consubstancial ó home, somos así. Pero vivimos nunha
época na que se fai todo canto se pode por parte dos estamentos políticos e culturais
para ir contra a imaxinación.
¿Neste libro, cando se le un capítulo
no que aparece un «entomodelfo», pódese pensar que é totalmente
imaxinario. Pero despois aparece. Semella que da realidade á fantasía non hai moita
distancia.
¿Non tanto da realidade á fantasía como do imaxinado do
real. ¿Por que non pode existir algo imaxinado se estamos convencidos de que si?
¿Pero o que debe explicar é como é eso de que Ramón Lamote
dea clases de chairego.
¿Unha vez chamáronme dunha editorial de Nova
York. Polo visto tiñan a versión en español do libro. Aseguráronme que
tiñan un excelente departamento de español, cheo de diccionarios, pero non
sabían que era eso do chairego. E eu ó teléfono non sei se llo puiden explicar
moi ben á aquela señora. Pero todo o mundo que leu o libro noutras linguas aceptouno
ben. Nunca ninguén dixo nada. E na Terra Chá están encantados.
¿¿E como o traduciron os de Nova York?
¿Pois non o sei,
porque quedaron de enviarme un libro e aínda non o vin.
¿Nun dos contos
deixa que sexan os lectores os que imaxinen os titulares dun xornal. Foi pioneiro desa palabra
agora tan de moda, o interactivo.
¿Eso é un intento de
demostración de respecto polo lector. Eu teño o convencemento de que unha vez que o
escritor remata un libro xa non lle pertence. É normal que sexa o lector o que imaxine, o
que poña os titulares, o que resolva un problema matemático. Xa hai ben cousas que
deciden por nós.
¿Poucas cousas son máis estimulantes que un
libro.
¿Estimulante é polo menos o que debería ser e hai que
pretender que sexa: que o lector participe de todo o que aí pasa. Ten que ser un medio para
que esperte a imaxinación, que chame a vivir, a pasalo ben.
|
| |
|
| :: |
«A lectura é un vicio solitario e á xente non lle gusta
falar dos seus vicios»
|
| |
Xabier Docampo
explicaba hai pouco que moita da literatura galega entronca coa oralidade. Paco Martín
indica que tanto el como Docampo pertencen a unha época na que a oralidade era fundamental.
Di Martín, que «o neno que ía ó cine tiña a obriga de contarlles
despois a película ós que non foran, e sabiamos das películas polo que nos
contaban. Había que saber contar e escoitar. E a min houbo películas que cando as vin
non me gustaron tanto como cando mas contaran. Non estou da cordo con eso de que unha imaxe vale
máis que mil palabras; moitas veces, a palabra vale máis que mil imaxes. Depende do
que diga e onde se semente esa palabra.
¿É certo que entre libro e
película sempre é mellor o primeiro?
¿Son dúas cousas
diferentes, dúas linguaxes. E moitas veces é mellor a película có libro
no que se basea e outras é mellor a obra literaria. Claro que é máis
fácil vender libros a partir dunha película.
¿Que pensa da
implantación da lectura entre os nenos?
¿Non é doado de saber. A
lectura é un vicio solitario e non hai moita xente que guste de falar en público dos
seus vicios. Hoxe lese máis, pero tamén moitos libros son lectura
obrigada.
XESÚS FRAGA (A CORUÑA)
|
|
 |
` |