Voltar a La Voz
Portada
Cultura
Libros en PDF
O Xabaril Blanco
Murguía e La Voz de Galicia
Eladio Rodríguez
Biblioteca Galega
:: «As cousas de Ramón Lamote», de Paco Martín
As vivencias do popular profesor de chairego foron premio Nacional de Literatura Infantil
O escritor Paco Martín (Recatelo-Lugo, 1940) remata co seu libro «As cousas de Ramón Lamote» a serie de obras de literatura infantil e xuvenil. Paco Martín acadou coa historia das vivencias deste profesor de chairego o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.

 
 
ÁLVARO BALLESTEROS
Don Ramón, Ramón Lamote Miñato, profesor particular de chairego e debuxante de soños por encargo, debería de ter existido. Don Ramón, un home de sesenta e un anos vividos día a día, debería ter vivido máis aló da imaxinación de Paco Martín, para levar a felicidade, a alegría, e o humor ós seus coñecidos.

Don Ramón, un home de palabra dos que xa non se atopan, e de quen Paco Martín conta retallos da súa vida e da súa cidade, ten unha forma amable de dicir as cousas. Sen mancar. Pero, por riba de todo, detesta a solemnidade, rexeita a pedantería, e soporta as vaidades da incultura.

Fronte ás situacións absurdas, Ramón Lamote, ó que de pequeño chamaban Moncho, responde con sensatez. Con grande acerto e divertimento. Como fan as persoas intelixentes. El, que é un tipo medio tolo, pero que sabe unha chea de cousas raras, non dubida en organizar unha corrida de nubes, en aventurar a chegada do Reparante e en crear uns marmolubios como premios para facer felices a unha chea de pequenos. Cando o mundo se transforma noutra cousa, con proxectos globalizadores e matanzas en prol da libertade duradeira, hai que preguntarse ónde está Ramón Lamote, o debuxante de soños por encargo. Don Alvaro Cunqueiro acostumaba dicir que resistimos porque soñamos. Ramón Lamote Miñato axúdanos a vivir nestes tempos tan desacougantes.


ERNESTO S. POMBO, director de opinión de La Voz de Galicia (A CORUÑA)
 
 
:: ENTOMODELFOS
EVA MEJUTO, responsable de prensa da editorial Kalandraca
 
«O libro é o mellor amigo do home, e o can tamén», dixo nunha ocasión o rexedor desta vila que, cando era novo, fixera a proeza de ler un libro enteiro (¡Que bárbaro!). Persoas deste intelecto atopaba Ramón Lamote, profesor de chairego e organizador de corridas de nubes. Personaxe singular, home raro que sabe de cousas raras. Lamote é un tolo necesario que desde a súa lucidez loita con pancadas de imaxinación contra vaidades e hipocrisías. Paco Martín enfía con humor retranqueiro os feitos cotiáns, surrealistas e delirantes dunha vila que agarda a chegada dun tal Reparante, que quere ter na casa un Entomodelfo e anceia gañar un Marmolubio. A súa intención era escribir sobre un personaxe que fixese «de notario social, descubridor ¿que non xuíz¿ das mediocridades e pobrezas de cada un de nós». Lin a Lamote con 11 anos, cando gañou o Nacional de Literatura. Desde entón, segue no meu recanto dos libros especiais, dos que cómpre ler de cando en cando, para comprobar que en cada lectura segue a abrollar un sorriso novo.

 
 
:: UNHA CONFUSIÓN
XERARDO QUINTIÁ, escritor
 
Coñecín a Paco Martín na presentación dun dos primeiros libros. Vino aparecer e quedei desconcertado xa que non contaba coa súa presencia. Supoño que sería cousa da miña naturalidade nerviosa, pero bauticeino cun nome que non lle correspondía. Cando rematou o evento aquel, camiñei ó seu encontro co propósito de confesarlle que me fixera moita ilusión a súa presencia, e que encantado de poder falar con el, e que gracias por ter feito un libro tan fermoso como As cousas de Ramón Lamote .

¿¡Moitas gracias, Manuel, por vir...!

¿¿Como Manuel...?

¿Manuel..., Manuel María...; ¿non es ti Manuel María?.

¿Pois non, non son Manuel María; son Paco Martín.

Naquel momento desexei iso que todos desexamos: que o chan se abrise e me engulise.

¿¡Tranquilo, home! Esas cousas pásanlle a calquera. Díxome Paco Martín pousando a súa man no meu ombro cun xesto de franqueza. Gracias Paco, por ter feito un libro tan fermoso como o de Ramón Lamote e que iso, que foi un placer falar contigo. XERARDO QUINTIÁ , é escritor


 

 DESTACAMOS
Presentación
Todos os detalles da colección.
Oferta lectores de Madrid y Barcelona
Consulte os puntos de venda.
Oferta a lectores do resto de España
Non deixe pasar a oportunidade.
 ENTREVISTAS
Os autores galegos mais importantes Consulta tódalas entrevistas
 ANTERIORES
Consulta todas as obras
Lista por orde de publicación.
 ENCONTROS
Carlos Casares
Manuel Rivas
 RELATOS
Relatos de verán 2001
`