Miércoles, 4 de febrero del 2004
Voltar a La Voz
Portada
Cultura
Libros en PDF
O Xabaril Blanco
Murguía e La Voz de Galicia
Eladio Rodríguez
Biblioteca Galega
:: AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
«Contos por palabras», dez relatos que parten de anuncios nos xornais
O volume, Premio Nacional de Literatura, recolle dez contos que parten de anuncios nos xornais
No inicio dos «Contos por palabras» o autor fai unha confesión: «Ler cada día os xornais foi sempre unha necesidade imprescindible para min. Todas as mañás me mergullaba con paixón naquelas páxinas impresas». Este é o espírito desta obra de Agustín Fernández Paz.
 
 
Agustín Fernández Paz mestura nesta obra unha chea de matices como se os personaxes e as súas circunstancias fosen tecidos de diversas materias, case sempre veludo ou seda, que forman un deseño harmonioso sen cores rechamantes. Dez contos onde partindo dun anuncio por palabras conducésenos ata fascinantes historias. Vellos mitos adaptaranse nelas ós tempos que vivimos, dende o bruxo tradicional que para acadar o éxito na súa profesión realiza un Máster de Dirección de Empresas, ou a reciclaxe dun heroe do cómic en empregado-estrela, ata o distinguido home-lobo que en só tres lúas namorará á rapaza axeitada.

Humor e moito afán de superación abrollan en todos os seres que buligan polas páxinas deste libro e os sentimentos converten ante os nosos ollos ás criaturas fantásticas en humanos. A determinación coa que o unicornio azul procura alguén da súa raza que o libre da soidade será compartida tamén pola libreira soñadora que procura unha obra de arte fuxidía. E por tantos outros. Fernández Paz dálle forma ós acontecementos cunha extraordinaria capacidade de fabulación que lle recoñecen, trala traducción a varios idiomas, lectores e críticos de todo o mundo. A partir das mensaxes breves e esquivas dos anuncios por palabras dos xornais, os seus lectores nos mergullamos con paixón nas páxinas impresas de Contos por palabras coa certeza de que onde realmente nos mergullamos é nun universo engaiolante. LAURA CAVEIRO , gañadora do premio Rubia Barcia de Ferrol


LAURA CAVEIRO, gañadora do premio Rubia Barcia de Ferrol
 
 
:: REFLEXOS DA VIDA
 
Escoiteille dicir a Agustín que ¿dun xornal, coma do porco, aprovéitase todo, se se quere aproveitar¿. E a boa fe que así o fixo en Contos por palabras . Dunha demorada recolleita de anuncios por palabras aparecidos na prensa, Agustín foi quen de agasallarnos con este marabilloso libro, un clásico xa na literatura galega, e digo literatura, sen máis cualificativos, porque estas historias son capaces de engaiolar a lectores de tódalas idades. En Contos por palabras atopamos dez relatos cheos de tenrura, de esperanza, de misterio, de crítica, de humor finísimo, onde a realidade e a fantasía se mesturan dunha maneira natural, o que nos leva a vivir unha dimensión descoñecida do mundo que cremos real. Pero o máis salientable é o poder de suxestión, a posibilidade que lle deixa ao lector de ser creador, continuador das diversas e sorprendentes historias que conforman o libro: o home que busca a chave da felicidade, o Drácula vendedor de ataúdes, o Spíderman limpa-vidros... Este libro é unha mostra da calidade da creación literaria galega. Síntase libre, lector de máis idade, e súmese a ese lema que afirma «a literatura infantil é a que tamén poden ler os máis pequenos». Con seguridade gozará.

CELIA TORRES BOUZAS, responsable de prensa de Xerais
 
 

 DESTACAMOS
Presentación
Todos os detalles da colección.
Oferta lectores de Madrid y Barcelona
Consulte os puntos de venda.
Oferta a lectores do resto de España
Non deixe pasar a oportunidade.
 ENTREVISTAS
Os autores galegos mais importantes Consulta tódalas entrevistas
 ANTERIORES
Consulta todas as obras
Lista por orde de publicación.
 ENCONTROS
Carlos Casares
Manuel Rivas
 RELATOS
Relatos de verán 2001
`
 

Outros especiales |::| lavozdegalicia.es
 

© Copyright LA VOZ DE GALICIA, S.A.
Poligono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)