|
Ano de
Publicación. 2004
|
|
Autor. |
|
Coleccion.
|
|
Número de pax.
48 |
|
ISBN. 84-403-0513-3
|
|
|
|
 |
|
 |
|
 |
|
/29 - 11 -
2004/ Para pais que quere levar á casa non só un libro para que os fillos
lean, senón para ler con eles. Para aulas nas que a lectura é unha actividade
tutelada. Unha actividade na que as dificultades están aí para axudar a progresar ao
lector. Para que a lectura sexa unha creación de experiencias de coñecemento. Un
texto delicioso segundo Isabel Soto- cun perfecto equilibrio entre imaxes e palabras.
Isabel Soto. Santiago O
tándem Xabier P. Docampo (Rábade, 1946) / Xosé Cobas (Logrosa, Negreira, 1953)
conta xa cunha boa cantidade de títulos de literatura infantil e xuvenil realizados en
colaboración O home que inventou unha maneira de andar (1998), Nube
de neve (2000) ou A casa da luz (2002) son bos exemplos-, que dan conta dun
entendemento mutuo á hora de contar / ilustrar, dunha sensibilidade compartida. Diante dun
libro como Bolboretas non cabe máis que felicitar os creadores polos resultados,
uns parabéns que cómpre facer extensivos á editorial responsable por saber
recoñecer a calidade deste produto e agarimalo co coidado que se merece no proceso de
edición. br> Aínda que se presenta en formato álbum, poderiamos dicir
que o volume supera as convencións practicadas acotío no xénero para pasar a
formar parte dos denominados libros-obxecto non demasiado frecuentes entre nós.
Resulta complicado comentar esta historia sen desvelar a maxia que contén e privar
así ao lectorado do pracer de descubrir un texto delicioso. Tan só indicar que se
trata dunha anécdota na que salienta a súa sinxeleza minimalista, onde se plasma, con
palabras cargadas de lirismo e nun tempo presidido pola pureza e a inocencia, ese intre
máxico que se gravará na memoria por sempre: a descuberta de sensacións e
sentimentos. O espertar do amor primeiro, a emoción do primeiro bico que, neste caso,
recorre ao suxerinte xogo de ter unha bolboreta na boca, en principio pracer solitario e
axiña compartido coa persoa elixida polo protagonista, encargado de relatar en primeira
persoa a súa experiencia. Atrapar a a beleza dunha bolboreta, pechar os ollos e lembrar as
súas cores, sentir bater as súas ás, todo un mundo de sensacións
até chegar a un pracer azul que nunca se poderá esquecer porque formar parte da
realización dun soño.
Perfecto equilibrio
Imaxes e palabras
suxiren máis do que din, fúndense nun perfecto equilibrio. As ilustracións son
algo máis que a iluminación ou a recreación do texto, configuran unha
narración plástica propia e inciden no lirismo recorrendo á abstracción
e aos trazos esvaídos presididos pola cor.
Non podería ser mellor o resultado
acadado para a historia que algúns e algunhas seguramente recordarán ter escoitado na
voz de Xabier Docampo, tamén gran contador, coa riqueza de matices que achega a
narración oral e o contacto directo co público. Agora aquela sinxela e fermosa
historia forma xa parte dese acervo de libros de calidade, delicadamente adobiada con imaxes
sutís que lle proporcionan novos sentidos. En definitiva, unha delicia absolutamente
recomendable.
|
|