| |
|
|
|
Perito Industrial Mecánico, Mestre de Ensino Primario
e Licenciado en Ciencias da Educación, traballou como profesor de EXB en
diferentes centros e actualmente exerce de profesor de Lingua e Literatura
Galega no IES Os Rosais 2, de Vigo.
Entre 1988 e 1990 foi membro do Gabinete de Estudios para a
Reforma Educativa, da Consellería de Educación e
Ordenación Universitaria, formando parte do equipo de Lingua que
preparou os Deseños Curriculares para as etapas de Primaria e
Secundaria. De 1990 a 1995, traballou como Coordinador Docente de Galego.
É membro da Ponencia de Lingua do Consello da Cultura Galega e asesor do
Programa SOL, da Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
Codirixe, tamén, a Colección "Merlín" de
literatura infantil e xuvenil.
|
 |
|
Preocupado pola renovación pedagóxica, foi
membro fundador dos colectivos Avantar e Nova Escola Galega e
participou na elaboración de numerosos materiais didácticos como
as series Nobelos de Papel (para o ensino globalizado en galego no Ciclo
Inicial), ¡Ámote, mundo! (para a Área de
Experiencias), Canles, Labia e O noso galego / Lingua
Galega para diferentes niveis escolares. Así mesmo é autor de
numerosos traballos sobre a normalización lingüística no
ensino, a didáctica da lingua, a promoción da lectura, a
literatura infantil ou a introducción dos medios de comunicación
nas aulas, publicados en xornais e revistas (As Roladas, Cuadernos de
Pedagogía, Revista Galega de Educación, CLIJ,
Signos, Textos, e Revista Galega do Ensino, na que se
encargou durante varios anos da sección sobre a literatura
infantil-xuvenil O pracer de ler). Polo conxunto dos seus escritos sobre
cómics concedéuselle, en 1992, o "Premio Ourense de Banda
Deseñada".
|
|
A súa obra,
merecente de abundantes premios e recoñecementos (Merlín,
Lazarillo, Edebé Juvenil, Rañolas, Raíña Lupa,
Protagonista Jove, Lista de Honra do YBBI, etc.), e amplamente traducida a
diversas linguas, constitúe un referente incuestionable da literatura
infantil-xuvenil galega.
|
|