|
Mestre xa xubilado, o seu traballo dinamizador en
favor da cultura galega coñeceu diferentes ámbitos de
actuación: foi actor de teatro, autor de guións para cine e
televisión así como director de diferentes programas de radio;
involucrado activamente nos movementos de renovación pedagóxica,
é coautor de libros de texto e formou parte do equipo iniciador de
"Preescolar na casa"; participou activamente na creación de
"Gálix" (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), da que
foi presidente. É un dos grandes renovadores da literatura
infantil-xuvenil galega, á que incorporou a milleiros de lectores con
éxitos de vendas como O misterio das badaladas ou A chave das
noces, así como Cando petan na porta pola noite (Premio
Rañolas ao libro infantil e xuvenil do ano 1994, Premio Nacional de
Literatura Infantil e Xuvenil 1995, Lista de Honra do IBBY 1996). Ademais,
reúne unhas excepcionais condicións de narrador oral que o
converten nun eficaz e popular contador de contos. |
|
|
| CANDO O AUTOR FALA DE SI |
|
|
|
EU TEÑO MEDO... Cando petan na porta
pola noite. A estar só cando non quero estar só. A
estar no medio de moita xente A quedar só no mundo A non
morrer nunca A morrer pronto A morrer estupidamente nunha estrada
A quedar inútil A tolear A que lles pase algo aos meus
A que os que quero non me queiran A perder o gusto polas cousas que
me gustan A ter que vivir sempre nunha cidade A que non haxa flores
A que non haxa animais en liberdade A non poder mirar as estrelas
pola noite A non poder mirar a paisaxe no outono Ao mar (desde o mar)
A mirar un día para o ceo e non ver un paxaro A que non haxa
troitas nos ríos A ter que ir á guerra Á guerra,
aínda que non teña que ir Ás almas miserables
Aos que sempre din a verdade Aos que menten sempre A pasar fame
Aos contos de medo Ás películas de medo A ir ao
dentista A montar en avión A non ter medo a nada A ter
moito medo Cando pasa moito tempo sen que ninguén pete na
miña porta A...
(Cando petan na porta pola noite. Col.
Merlín, Eds. Xerais. Vigo, 1994) |
|
|

Os meus
primeiros recordos, aquelas lembranzas que se escribiron no meu corazón
coma as gozosas cicatrices dun ferro quente, son dun pai muiñeiro, coa
pucha enfariñada. Aquel muíño na beira do Lea que daba
voltas mentres meu pai ía baleirando sacos de trigo subido ao alto. A
cociña da casa, co pai contando historias ou a mai contando contos
mentres debullaba un cesto de fabas. Os veciños que viñan
escoitar ou contar tamén os seus sucedidos ou xogar á
birisca. |
|