Textos Xabier P. Docampo Imaxes Textos Materiais Traducións
 



    1997:   O Habanero  (O Habanero / Marmelada de amoras)

O Habanero

O "Habanero" voltou da emigración vello, enfermo e cuns poucos cartos que lle rouban misteriosamente antes de chegar á aldea natal. Gañara moitos cun galo de pelexa. E agora, sen rancor, vive co recordo do seu máis leal amigo, o galo. É un heroe humilde e cotián que só lle podía abrir as portas da súa historia a este narrador modélico coa sabedoría da oralidade.


    1999:   O neno que perdeu a súa avoa   (Imos xuntos camiñar)

Imos xuntos camiñar

Cóntase como, despois da desaparición da avoa de Gregorio, se coñece o misterio dos da casa de Ardao, que gardaban vellos nunha neveira para, cando estaban aburridos, desconxelalos e ter conversa.


    2001:   Do que lle aconteceu a Silvano a consecuencia de caer dunha cerdeira   (Historias para calquera lugar)

Historias...

Un rapaz traste caeu da cerdeira e deu en desfalar, en dicir as palabras ao revés. Os médicos do hospital non dan co remedio, pero si a avoa: unhas boas lapadas corrixen parcialmente o defecto e provocan nel a facultade de desencadear a realización dos seus desexos. Un día xogando ao fútbol mandou a pelota ao lousado da casa, concentrouse en subir por ela pero non foi capaz de dosificar mentalmente o descenso sen arriscarse a levar unha boa zoupada. O esgotamento puido con el e, medio durmido, caeu enriba do pai. Desde entón fala perfectamente e non ten poderes mentais. Pero o pai fala ao revés. A avoa terá que aplicar novamente o seu remedio, pois, morta como outras veces, regresará outravolta cando a enterren sen a dentadura.



    2003:  Visita Nocturna (Contos do museo)

Contos do museo

Inés ten que facer un traballo escolar sobre o museo e, ao saber polo dunha amiga que hai un aparecido nocturno, agáchase nun caixón da sala de exposicións de minimalistas lugueses e agarda ata as 12 para saír. Entón onda a imaxe de San Francisco de Asorey atopa a un frade (unha alma en pena que levita uns centímetros) pedíndolle ao santo que o saque de alí, onde leva centos de anos pechado. Tratábase dun membro da primeira comunidade do antigo convento que ocupara boa parte do actual museo. Foran todos condenados a morrer como castigo por un pecado vergoñento. Só tiñan unha saída posible, e para recordala pintáronlla a el nas costas, por iso non a puido ver, xa que non se podía ver a si mesmo no espello. Inés explicoulla: era polo pozo, que ía dar ao Miño. Liberado o frade, ela ha saír co día, cando abran, entre a xente. O texto resulta ser o traballo escolar de Inés.