Textos Xabier P. Docampo Imaxes Textos Materiais Traducións
 



    1991:   Henrique e Cerumeiro  (Meniños)

Menińos

Henrique, un neno bulideiro coma un rato, volveu á fraga, onde xa se perdera outra vez e fora rescatado polos veciños, sentindo que nela había algo misterioso. Atopou un individuo pequeno, amarelo, que dixo ser o trasno Cerumeiro. Fixéronse amigos e, a cambio de manter o segredo da súa existencia, o trasno vai facer que se cumpra o desexo de Henrique de ver o mar. De volta na casa, o rapaz soñou co mar e andou pola praia.... Cando acordou, ao se vestir, caeulle unha presa de area do zapato.
Este relato recóllese en Adelaida, Henrique e demais familia


    1992:   Adelaida é tremenda  ( Trazos, trozos e retrincos )

Trazos, trozos e retrincos

Unha rapaza á que lle gusta moito debuxar atopa na casa da avoa uns lapis máxicos de cores que converten en realidade os seus debuxos. Gracias a eles, píntalle bigote á directora do colexio e recupera as árbores centenarias da praza que o alcalde mandara cortar para construír un aparcamento.
Este relato recóllese en Adelaida, Henrique e demais familia


    1992:   O Espello do viaxeiro  (Os contos da campaña, 3)

Construír a paz

Un home volve a cabalo á casa logo de 7 anos para facerse cargo da herdanza dos seus pais mortos. Perdido na noite, vai dar a unha casa: unha ferraría onde só está o dono, que é fisicamente igual a el, só que no ollo esquerdo non ten pálpebra. Beben e pelexan mesmo e o ferreiro fíreo nun ollo. Cando se recupera, días despois, descobre que xa é igual que o ferreiro, polo que o mata. Ao día seguinte, regresan a muller e o fillo, que o toman polo ferreiro auténtico, e comprende que a súa condena polo asasinato é esa: ocupar o lugar do morto.
Este relato recóllese no libro Cando petan na porta pola noite


    1994:   O neno que se perdeu na escuridade  (Novos contos para nenos )

Novos contos para nenos

Cando estaba toda a familia na cociña, foise a luz, como tantas veces, e o fillo pequeno, Adrián, inquedo, botouse a andar, tropezando coas cousas. E cando volveu a luz non apareceu porque se perdera na escuridade. Así durante días: cando había unha luz el desaparecía e seguía na escuridade, sobre todo no faiado. Ata que un día mirando unha estrela, e logo as outras, volveu aparecer na luz do cuarto, ao amencer, dicindo que o trouxeran as estrelas.


    1996:   Déixame a min os símbolos  (Construír a paz: cultura para a paz )

Construír a paz

Historia de dúas pombas capturadas cunha rede para ser ceibadas no día da paz.