 |
Aquela noite de febreiro caeu unha boa nevarada e
cando Oria espertou todo estaba branco e fermoso. A mestra explicoulle que a
neve se forma cando as nubes enfrían moito, como co frío do
conxelador. Entón ela foi ao monte, agarrou unha nube e tróuxoa
na mochila. Gardouna no soto, dentro do conxelador. En maio, quixo volver
ver a neve, polo que meteu a nube nunha caixa. As árbores en flor
pedíronlle que non a ceibase, pois a súa neve
derramaríalles os froitos; tampouco a querían o labrego nin a
dona do bar con terraza de verán. Ao enteirarse, seu pai mandoulle
devolvela ao ceo. Pero xa era tarde: o gato, que sempre andaba con paraugas
porque lle tiña terror á auga, abriulle á nube, que encheu
toda a casa de neve. Malamente a deron quitado da casa. Cando Oria acordou,
fóra había un enorme boneco de neve, con dous pneumáticos
por ollos e o gato encima. |