xabier
     
 
1986
O misterio das badaladas

Cun ollo aberto e outro sen cerrar


1988
A chave das noces


1989
O armario novo de Rubén


1990
A nena de auga e o príncipe de lume


1991
A casa do porco bravo
Roxelio e a couza



1993
O país durminte


1994
Cando petan na porta pola noite


1996
Adelaida, Henrique e demais familia


1997
O habanero

O pazo baleiro


1998
Breogán

¡Estampado!

O home que inventou unha maneira de andar


1999
A viaxe de Purpurina ou a historia dunha pinga de auga


2000
Catro cartas

Nube de neve


2001
Os ollos de Ramón

Un conto de tres noites

¿Víchela, víchela?


2002
A casa da luz


2004
Bolboretas

_____________

Varios

   
Xabier P. Docampo: A nena de auga e o príncipe de lume
Ilustracións de Xosé Cobas

Col. Merlín. Eds. Xerais.
Vigo, 1989

A nena de auga e o príncipe de lume

No relato que dá título ao libro entre o narrador e os oíntes crean o conto dunha nena de auga e bágoas de lume que coñece no río un príncipe de lume con bágoas de auga. Namóranse e marchan xuntos para formar unha nube branca de verán.
Alexandre descobre que o "Mando a distancia" do novo televisor "manda" nas persoas. Utilízao no colexio para poñer en pausa ao compañeiro abusón ou apurar as clases coa marcha rápida. Antes de devolvelo, dálle máis cor e brillo á cidade e a xente vólvese máis alegre.
"Mouriño", nacido da voda entre unha fada boa e un trasno, é un verme feo que vive no castiñeiro. Semanas despois, entre o asombro do souto, convértese nunha fermosísima fada boa.
A maior ilusión dun neno era que lle regalasen un cabalo, pero seus pais non lla podían cumprir. Debuxou un nunha caixa, recortouno e "O cabalo de cartón" deu en galopar ata unha terra onde todo era de papel. Tamén unha vaca e os lobos que a querían comer. Salvouna botándolles auga.
Xildo facía bonecos recortando follas do periódico. Un día recortou "O boneco con cara de neno negro", dándolle forma a un retrato do xornal. Levouno para o seu cuarto, onde se fan amigos e conversan a soas.


       
liñaliñaliñaxabier