|
Na introducción que abre o volume, o autor explica o
carácter mítico dos feitos relatados, así como a
conxunción da tradición oral irlandesa e do substrato
histórico. A través da memoria do vello Nar, relátanse
feitos que teñen que ver co pobo dos "Leais ó vento", dende as
orixes nas terras orientais de Escitia ata a chegada a Galicia de Brath, pai de
Breogán, e a fundación de Brigantia. No apartado titulado
"Breogán" nárranse os episodios máis relevantes da vida
deste personaxe e do seu clan, proseguindo con membros da súa saga como
Golamh, o seu neto, e Ith. Ó final da historia aparece a árbore
xenealóxica dende Noé ata as xeracións máis
próximas a Breogán. |