marilar
     
 
1989
A formiga coxa


1990
O rescate do peneireiro


1994
Nogard

A expedición do pacífico


1996
O trasno de alqueidón


1998
O monstro da chuvia


1999
O chápiro verde

Lapadoiras, Sacaúntos e Cocón


1999
A banda sen futuro


2000
Castelao segundo Rañolas


2001
El-Rei Artur e a Abominable Dama

Paxaros de papel


2002
Basilisa, a princesa sapiño


2003
A Vaca de Fisterra e a trabe de alcatrán

_____________

Varios
 
Marilar Aleixandre: O trasno de Alqueidón
Ilustracións de Miguelanxo Prado

Eds. Xerais. Col. Merlín. Vigo, 1996
Premio Rañolas de Literatura Infantil e Xuvenil 1997

O trasno de Alqueidón

Este volume está constituído por tres contos, dous deles xa publicados con anterioridade:
"Neve na Amaía" (1992), conta a historia de Berta, unha nena que vive na Amaía coa súa avoa e que recibe desta o encargo de manter aceso o lume da lareira. Para conseguilo deberá visita-lo seu veciño Tomé, a fonte da auga que canta, a terra que soña e o vento que pinta. Para superar tódalas probas contará coa axuda do grilo.
"Chave de Ponte, Chave de Carballo" (1995) céntrase na viaxe que emprende Minia por estas dúas aldeas preto de Bastavales para atopa-lo seu gatiño Fran e traelo de novo para a súa casa.
"O trasno de Alqueidón", é un conto inédito que dá título ao volume. Nel cóntase cómo uns nenos, aconsellados pola súa avoa, descobren un trasno na súa casa e ensínanlle a contar.
Os tres relatos teñen en común a localización xeográfica: o val da Amaía, preto de Santiago de Compostela; e temporal: os imprecisos anos do pasado cando non había televisión. Os seus protagonistas son nenos que se ven inmersos en aventuras máis ou menos fantásticas. Son tres historias sinxelas e axeitadas a un público infantil que comeza a se introducir no mundo da lectura.



A nosa literatura infantil e xuvenil 1996
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia
Coordinación: Mª Isabel Soto López
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 12. 1998



       

Volver