 |
Unha formiga que perdera unha das seis patas e
por iso era discriminada polas compañeiras marchou un día a
percorrer mundo. Acompañárona na súa busca da terra onde
ser felices unha ra peluda e unha cobra chosca. Chegaron a unha cidade onde os
nenos tiñan a enfermidade do sono. Ocorréseulles curalos polo
xogo de contrarios das plantas somníferas, que localizan no mundo coa
axuda dun rato de biblioteca. Conseguíronas coa axuda do Mareante do
Tempo. Fixeron un cocemento con todas as plantas e os nenos volveron xogar.
Seguiron camiño e, logo de librar dos feroces xigantes fanáticos,
nunha illa de plantas e xentes ananas recuperaron a princesa Hipatia, fuxida
porque os pais pretendían que regresara do baile ás dez e media.
Embarcaron logo ata Fisterra, onde tamén había outra formiga de
cinco patas e solucións para as súas compañeiras de viaxe.
E alí se instalaron a vivir felices.
|