  |
Relatada en primeira persoa, a novela conta, en
dez capítulos, a historia dunha expedición polo Pacífico.
Entre os oito científicos que a compoñen, atópase a
protagonista, Emilia, unha rapaza que, para poder participar na viaxe, se ten
que disfrazar de neno.
O relato, que abrangue dende 1867 -cando saen de España- ata 1871 -ano
da chegada da expedición a Lisboa-, describe as aventuras dos viaxeiros
dun xeito realista e verosímil. Abundan as referencias á historia
e ós coñecementos relacionados coas ciencias da natureza e coa
navegación. Paralelamente, asistimos a unha aventura interior: o cambio
que se produce na protagonista, que inicia a viaxe con algo máis de doce
anos e chega feita unha muller.
No "Epílogo" faise referencia á verdadeira
expedición ó Pacífico na que se inspira a novela, que tivo
lugar entre os anos 1862 e 1866.
|