 |
Nun reino nalgún lugar das grandes estepas
vivían un tsar e unha tsarina con tres fillos: Igor, Borís e
Alexis. Para decidir o seu herdeiro, o Tsar propúxolles,
consecutivamente, tres tarefas: traerlle a máis fermosa alfombra, o
molete de pan trigo máis saboroso e casar coa muller máis
fermosa. En cada unha delas resultou vencedor Igor, o primoxénito,
gracias á colaboración dos sapos dun pozo do xardín do
pazo, fronte á filla dun rico comerciante e a irmá dun boiardo,
que colaboraron con cada un dos seus irmáns.
Casado Igor coa fermosa Basilisa, a princesa sapiño, a súa
felicidade só se vía turbada cando polo día ela recobraba
a aparencia de anfibio. Ata que unha noite lle queimou a pel de sapo, pero
entón a princesa converteuse en cisne e viuse obrigada a marchar, non
sen antes dicirlle que a podía atopar máis alá do
país de Tres veces nove no imperio de Tres veces dez na casa dun
esqueleto.
Con tres pares de zapatos e tres caxatos de aceiro saíu el na súa
busca. No camiño, un ancián explicoulle que Basilisa era
víctima dun meigallo do pai, condenada a vivir tres anos como sapo,
sinalándolle o camiño para atopala: debía seguir unha
pelota. Bateu logo cun oso, un pato, unha lebre e unha maragota, pero non os
comeu malia estar esfameado... Pola avoa de Basilisa, a bruxa Baba Iaga, soubo
que a vida do pai pendía dunha agulla que estaba nun ovo, que estaba nun
pato, que estaba nunha lebre, que estaba nunha arca, que estaba nun carballo
vixiado polo pai. E coa axuda dos animais aos que antes el axudara recuperou a
Basilisa, a quen bicou e con quen foi feliz desde entón e para sempre.
Reelaboración baseada en diferentes versións a partir do conto
popular ruso, tamén recollido polos irmáns Grimm.
|