| 1989: 28 libros
da literatura infantil e xuvenil galega |
| |
 |
Reflexión crítica sobre
vinteoito libros da literatura infantil-xuvenil galega publicados nun
período de vinte anos, de 1968 a 1988. A selección comeza con "A
galiña azul" de Carlos Casares e remata con "Lembranza nova de vellos
mesteres" de Paco Martín. |
|
| |
| 1989: Para lermos
cómics (Col. Andel, 6. Consellería de Cultura e
Deportes.Xunta de Galicia) |
| |
 |
Aproximación á historia e
realidade presente do cómic como unha arte do século XX, cunha
introducción aos elementos da súa linguaxe icónica e
á súa ideoloxía, con especial atención ao papel da
censura agachada ás veces baixo as aparentemente inocentes "leis do
mercado". En senllos anexos aborda a difícil historia do cómic en
galego, cun desenvolvemento cheo de dificultades, e mais a presencia da banda
deseñada no mercado actual en diferentes formatos (caderno, revista e
álbum). |
|
| |
| 1989: Os libros infantís galegos |
| |
 |
Breve
aproximación á historia da literatura infantil-xuvenil galega cun
apéndice cronolóxico que abrangue desde 1950 a 1989.
|
|
| |
| 1991:
Tareixa e a cama máxica (Meniños) |
| |
 |
Ten como
protagonista a Tareixa, unha rapaza que, castigada, ten que cear na cama da
avoa. Pero non lle importa pois é máxica: pode voar. Leu un pouco
de "Peter Pan e Wendy" e, aínda que quería saír de
excursión voando, o sono puido con ela. Acordou no mar con sol e aterrou
nunha illa, onde sete guerreiros negros a levaron ao poboado, atándoa a
un tótem. Cando a ían meter nunha gran pota con auga fervendo,
xurdiron dous leóns. Entón liscou para a cama e aínda que
un deles prendeu na colcha coas poutas, librouse del e volveu durmir. Cando a
mai a espertou para que fose ao colexio, a colcha estaba chea de
desgarraduras... |
|
| |
| 1991:
Unha pantasma en apuros / Un máxico negocio (Os contos da campaña,
3) |
| |
 |
En "Unha pantasma
en apuros" conta a historia dun fantasma que, seguindo a maldición
familiar, está condenado a vir vivir ao pazo familiar un ano enteiro
cada vintecinco. Co pazo familiar ruinoso e sen as xoias da familia que debeu
usurpar un descendente, e ante as novas posibilidades que lle ofrece a
sociedade de consumo, pon no xornal un anuncio de venda do dormitorio antigo
para obter cartos. "Un máxico negocio" figura con mínimos
cambios estilísticos recollido na 8ª edición de Contos
por palabras. |
|
| |
| 1992: Un
templo para gatos ( Contos de hogano ) |
| |
|
Un matrimonio que deixou o piso da
cidade para trasladarse a un caserón herdado en Pontebranca, compra unha
gata para acabar cos ratos pero logo pensa en facer negocio vendendo as
súas crías. Xuntáronse entón con centos de gatos
que non deron vendido, polo que anuncian que os regalan. Aínda
así, ao non se dar desfeito deles, deciden volver para o seu cativo piso
da cidade. |
|
| |
| 1992: Os
cómics nas aulas (Col. Facer escola. Biblioteca
Didáctica. Eds. Xerais) |
| |
 |
Estudio sobre a necesaria presencia da
banda deseñada nas aulas. Logo dunha análise teórica sobre
a importancia do cómic como material educativo nestes tempos da imaxe e
dunha aproximación ás características da súa
linguaxe, reflexiona sobre o seu posible aproveitamento didáctico
concretando as posibilidades de realización práctica. Ademais,
explica o proceso de elaboración cos alumnos e exemplifícao con
mostras concretas de experiencias en diferentes centros. Inclúe
tamén unha proposta de actividades realizables e a correspondente
bibliografía. |
|
| |
| 1993:
Unha pedra na area ( Relatos pra un tempo novo ) |
| |
 |
Conforman o relato seis días do
diario de Alba, rapaza que atopou un anaco de meteorito na praia. Gracias
á súa beneficiosa influencia deu superado a vergonza de verse
nunha pintada no colexio que proclama "Alba está por Xabier". Comezou a
verse con el, foron ao seu pombal con pombas mensaxeiras... E puido botar a
pedra ao mar co desexo de que atope outra persoa a quen axudar.
|
|
| |
| 1996:
Querida avoa (Construír a paz: cultura para a paz
) |
| |
|
Relato sobre a visita a Marta, como
todos os Nadais, da avoa, Mamá Sara. A rapaza sente que non comparte con
ela a visión insolidaria sobre os inmigrantes, que a mai lle explica
pola educación racista sufrida pola avoa. O texto figura con
mínimos cambios estilísticos recollido na edición na
colección Fóra de xogo de Rapazas. |
|
| |
| 1997: O
vello león ( E dixo o Corvo... ) |
| |
|
No circo "Horas Máxicas", Rosa,
directora e domadora, está preocupada porque o vello león, que
deixa que ela meta a cabeza na súa boca desde hai anos, empeza a quedar
calvo. Menos mal que o doutor Nogueira faille un implante de cabelo
sintético alaranxado con tanto éxito que mesmo queda no circo a
traballar no espectáculo co león, amigo seu inseparable.
|
|
| |
| 1998:
A maxia das
palabras |
| |
|
Reflexión
sobre a promoción da lectura e o desenvolvemento da creatividade na
escola, con pautas e suxestións prácticas para ampliar as
súas posibilidades. |
|
| |
| 1999: A
vella foto das estrelas (Imos xuntos camiñar) |
| |
 |
Conta Branca, unha
adolescente que foi facer o Camiño de Santiago cos seus pais, a
experiencia terrible e misteriosa que viviu nunha aldea do Cebreiro. Unha
fermosa e inesquecible noite estrelecida de xullo, onda o río,
coñeceu un rapaz, admirando coma ela a multitude escintilante de
estrelas. Ao día seguinte, preguntou por el e descubriu que fora
soterrado alí mesmo había un ano. |
|
| |
| 1999:
A maxia das
palabras |
| |
 |
Reflexión
sobre a promoción da lectura e o desenvolvemento da creatividade na
escola, con suxestións prácticas para ampliar as súas
posibilidades, atendendo tamén á poesía. |
|
| |
| 1999:
A literatura infantil e xuvenil
en galego |
| |
|
Ensaio
histórico e análise das circunstancias do importante
desenvolvemento da literatura infantil-xuvenil galega. Inclúe un
apéndice coa relación dos seus premios e obras galardoadas.
|
|
| |
| 2000:
Invisibles (Palabras con
fondo) (Fondo Galego de Cooperación e
Solidariedade) |
| |
 |
A Miguel Pérez Lestón, aos
seus 52 anos, e con máis de 26 traballando na empresa,
comunicáronlle un día de agosto, en plenas vacacións, que
era un dos 218 despedidos. Pasan os días e ninguén o quere
empregar por ser maior. Xa nin se atopa no espello: estase tornando
transparente. No parque, un home tamén transparente explícalle o
que lle está ocorrendo: tornouse invisible para a sociedade de consumo.
Demóstrallo poñéndose a pedir á porta dun grande
centro comercial: a xente pasa sen reparar neles, só algúns nenos
os observan con ollada clara. Pero existe un antídoto: nunha casa
están moitos coma eles ocupados en diferentes labores, e deste xeito
desaparecéralles a transparencia. Unidos, han construír un mundo
que nunca máis condene a ninguén á invisibilidade.
|
|
| |
| 2001: As
sombras do faro (Historias para
calquera lugar) |
| |
 |
Un mozo, novo en Pontebranca, intrigado
pola enigmática torre dun vello faro, que todos na vila prefiren
ignorar, visítaa e descobre uns seres de fume, fantasmas do pasado.
Desde entón, recibe ameazas dos veciños e ata ten que deixar a
moza. Polo que os pais deciden trasladarse. Anos despois, sabedor de que fora
escenario de fusilamentos na guerra civil, volve ao faro con rosas vermellas:
tapiado o pozo no que botaran os "roxos", é un monumento
turístico máis. |
|
| |
| 2001: A
fonte maldita |
| |
 |
Caderno de catro páxinas editado
pola biblioteca municipal de Fene con motivo do Salón do Libro Infantil
e Xuvenil celebrado no ano 2001. Nel unha muller narra o que lle ocorreu de
moza en terras fenesas no verán do 73 cando foi co amigo Carlos ata un
monte próximo. Nun claro do bosque, onda un menhir, un manancial de auga
arrastrounos ata o seu fondo e ao volver á superficie, sen saber como,
unhas mulleres diminutas de longas túnicas e pés de cabra
celebraban unha danza ritual arredor do menhir ata que fixeron desaparecer o
mozo. Ela librou porque os veciños a atoparon pois as enigmáticas
mulleres, ao ver as luces da xente que se achegaba, liscaron transformadas en
cobras noxentas. |
|
| |
| 2003: Un
río de lembranzas (Narradio. 56 historias no
ar) (Col. Narrativa.Eds. Xerais) |
| |
 |
De viaxe cara ao Guggenheim co seu
home, María quixo parar naquela vila afastada onde vivira a súa
adolescencia. Nada quedaba xa da casa familiar. Foi soa ata o campo do Penedo,
onde o primeiro mozo lle dera o primeiro bico regalándolle unha flor
azul que levaba gardada entre as páxinas de A perla. Desviaran
tamén o curso do regato. Viñéronlle as bágoas e un
río subterráneo de lembranzas, coas ilusións mozas,
conmoveu o seu corpo. Volveu para o coche. Xa faltaba menos para
Bilbao. Aparece recollido en O único
que queda é o amor, nunha versión con pequenas diferencias
estilísticas. |
|
| |
| 2003: A serpe
de pedra (Contos do
museo) |
| |
|
Un home internado no sanatorio para
enfermos mentais escribe nun caderno que cando chegue a noite se
cumprirá a maldición: Lugo converterase na capital do horror e o
Mal estenderase por todas partes. Foi o autor do achado na necrópole
megalítica da Roza das Modias, en Vilalba, de tres anacos de
sílex, que xuntos formaban o corpo dunha serpe. Expostos no museo,
provocaron un aumento de visitantes; entre eles, un home maior e unha moza
vidos desde Berlín, que ao día seguinte parecían
rexuvenecidos. O culto á serpe, asociado ao da lúa, seguía
tendo adoradores secretos agrupados en asociacións, que confiaban na
súa resurrección, cuxo xefe no continente era o ancián.
Agachado no museo, viu a enorme Serpe Deusa saír da vitrina, abandonando
o corpo de pedra. Encarnada de novo en ofidio, disposta a recuperar o seu
reino, esa noite vai vir por el. Só un lume purificador que arrase a
Roza das Moidas pode facer que siga aprisionada na pedra ata a fin dos tempos.
|
|
| |
| 2004: Unha foto
na rúa (Contos de
máscaras, rúas, perdicións e caníbales
) |
| |
|
Un home comeza a atopar nas rúas
de Vigo varias fotos dunha muller moi fermosa; como unha delas estaba preto da
universidade e tiña o nome de Diana, intenta localizala simulando que
traballa para unha empresa de sondaxes. Pero non ten éxito. É a
muller que deixa unha última foto na plataforma antes de subir ao tren,
que se dedica a viaxar logo de que lle tocase a lotería e vai deixando
fotos súas polos lugares que visita. O relato aparece recollido en
O único que queda é o amor,
nunha edición con pequenas diferencias estilísticas e engadidos
argumentais non sustanciais. |
|