agustín
     
 
1989
A cidade dos desexos

1990
As flores radiactivas

1991
Contos por palabras
·
Lonxe do mar

1992
O tesouro do dragón Smaug

1993
As tundas do corredor
·
Rapazas

1994
Trece anos de Branca
·
Unha lúa na fiestra

1995
Cartas de inverno
·
Amor dos quince anos, Marilyn

1996
Avenida do Parque, 17

1997
O centro do labirinto

1998
A néboa escura
·
O laboratorio do doutor Nogueira

1999
As fadas verdes
·
Cos pés no aire
·
A nube de cores

2000
Aire negro
·
O soño do merlo branco

2001
No corazón do bosque
·
Un tren cargado de misterios
·
Ana e o tren máxico

2002
Noite de voraces sombras

2003
O meu nome é Skywalker
·
A Serea da Illa Negra
·
A praia da esperanza

2004
Tres pasos polo misterio
·
Raquel ten medo
·
Laura e os ratos

2005
A escola dos piratas
·
A noite dos animais
·
A fuxida do mar
·
Fantasmas no corredor
·
¡Que medo, mamá Raquel!

2006
Corredores de sombra
·
Os gardiáns do bosque
·
Querido inimigo
·
O Raio Veloz

2007
O único que queda é o amor

2008
A pastelaría de dona Remedios
_____________

Varios
 
Agustín Fernández Paz: A Serea da Illa Negra
Ilustracións de Miguelanxo Prado

Col. Ala delta. Serie Azul, 5
Ed. Tambre - Grupo Editorial Luis Vives. Zaragoza, 2003

A Serea da Illa Negra

Edición que recolle dous textos, un deles xa publicado con anterioridade. O primeiro, A Serea da Illa Negra sitúase en Arán, unha pequena aldea de mariñeiros, onde vive Sara, a única nena do lugar. Cada mañá, desde a fiestra do seu cuarto ela ve o mar e a Illa Negra, unha escura masa rochosa contra a que as ondas baten sempre con violencia aínda nos días de mar calmo. Contan dela historias terribles por mor dunha malvada Serea que atrae os mariñeiros cos seus engados para logo levalos á cova. A propio pai da rapaza naufragoulle a barca onda a illa: perdeu unha perna e non volveu ao mar.
Quen si que vai é o fillo maior, Uriel. Leva días sen pescar nada e está tentado de ir deica a Illa Negra, onde seica hai moita pesca. Pouco tarda en vir con moitos peixes e dos bos, pero un día non volve. Só aparece a súa lancha entre os cons. Neles, Sara atopa unha buguina, que lle fala: é Taír, unha das tres buguinas ao servicio da Dona das Augas, que se ofrece a axudarlle a rescatar a Uriel das covas da Illa Negra, onde o ten a Serea, se lle axuda a atopar as súas dúas irmás. Na Praia das Furnas, Sara descobre a Luou, a segunda das buguinas, e dá coa terceira, Druím, na boca dun congro que traía un pescador. Coas tres irmás na mochila viaxa á Illa Negra: só pode salvar ao seu irmán se o libera antes de empardecer.
Coa axuda das buguinas, vence as ondas do mar, calma o forte vento verdoso que sae dun pozo moi fondo e fai subir á superficie nunha columna líquida a monstruosa Serea, derrotándoa. Entón, perde o sentido. Ao acordar, o seu irmán está ao pé dela. Con el volve na lancha, contenta pois rematou para sempre a maldición da Serea.
O segundo dos textos, A néboa negra, é unha reedición de A néboa escura, con pequenas modificacións textuais e as mesmas ilustracións, aínda que reproducidas en branco e negro e con certos cambios na integridade da imaxe.





       
raiaVolverEntrevistaVídeosTextosMateriaisTraduccións