| |
1989 A cidade dos desexos 1990
As flores radiactivas
1991 Contos por palabras
· Lonxe do mar
1992 O tesouro do dragón
Smaug 1993 As tundas do
corredor · Rapazas 1994
Trece anos de Branca ·
Unha lúa na fiestra
1995 Cartas de inverno
· Amor dos quince anos,
Marilyn 1996 Avenida do
Parque, 17 1997 O centro
do labirinto 1998 A
néboa escura · O
laboratorio do doutor Nogueira 1999
As fadas verdes ·
Cos pés no aire ·
A nube de cores 2000
Aire negro ·
O soño do merlo branco
2001 No corazón do
bosque · Un tren cargado
de misterios · Ana e o tren
máxico 2002 Noite
de voraces sombras 2003 O meu nome é Skywalker
· A Serea da Illa Negra
· A praia da esperanza
2004 Tres pasos polo misterio
· Raquel ten medo
· Laura e os ratos
2005 A escola dos piratas
· A noite dos animais
_____________ Varios
|
|
|
Agustín
Fernández Paz: Rapazas
Ilustracións de Miguelanxo Prado
Col. Merlín. Eds. Xerais Vigo, 1993 |
|
 |
Trátase dun libro formado
por cinco relatos de diferente temática e extensión, pero cun
fío común que lles dá unidade: todos teñen a unha
rapaza como protagonista. Nun deles, Visitante das estrelas, unha
extraterrestre chega á Terra e vese mergullada en diversos conflictos.
Noutro, Dúas rosas murchas, unha rapaza mantén unha
estremecedora relación cunha pantasma. A protagonista de Unha pedra
na area vive o seu primeiro amor influída pola presencia dunha
estraña pedra... Os relatos, desde a súa variedade de
argumentos e enfoques, tratan de achegar ó lector ós problemas e
vivencias desa idade fronteiriza en que comeza a adolescencia.
|
|
136 p.
- 19x14 cm.
ISBN 84-7507-764-1
|
|
A nosa
literatura infantil e xuvenil 1993 Gálix
(Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova
33". Coordinación Xosé-Victorio Nogueira Barcia e
Mª Xesús Fernández Fernández Xunta de Galicia -
Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías
culturais. 1996 |
|
Col. Fóra de
xogo, 50. Edicións Xerais. Vigo, 2003 163 p. - 21x13 cm.
ISBN 84-8302-962-6
Edición sen
ilustracións que incorpora o relato Querida Avoa, publicado nunha
primeira versión no libro colectivo Construír a paz: cultura
para a paz: Como
todos os Nadais, vén a avoa, Mamá Sara, pasar uns días
onda Marta, á cidade. A rapaza vai con ela ao mercadiño da Praza
Real para comprarlles un cinto aos vendedores africanos, cos que lle gusta
falar. De volta na casa, a avoa comenta escandalizada as confianzas que a
rapaza ten con eses estranxeiros tan perigosos e intrusos no noso país.
Marta sorpréndese desta reacción da anciá, que só
entende cando a mai lle explica que é consecuencia da educación
que sufriu, pois nos seus tempos mesmo se falaba nos libros de catro razas da
humanidade e pedíanse cartos para os "negritos".
|
|
Traduccións |
|
Rapazas
Trad. María Jesús Senín Fernández Col. La joven
colección, 49. Eds. Lóguez. Santa Marta de Tormes, 1996 106
p. - 21x14 cm / ISBN: 84-85334-93-0 |
 |
Xiques
Trad. Xulio Ricardo Trigo Col. La moto, 3. Tàndem Edicions.
Valencia, 1997 125 p. - 20x13 cm / ISBN: 84-8131-133-2 |
 |
Neskatxak
Il. Gerardo Markuleta - Trad. Antton Olariga Col. Auskalo, 48. Ed. Erein.
Donostia, 1996 134 p. - 19x12 cm / ISBN: 84-7568-676-1 |
|
Raparigas Trad. J. Teixeira de
Aguilar Col. Minoria absoluta, 2. Ed. D. Quixote. Lisboa, 1999 123 p. -
23 cm / ISBN: 972-20-1455-2 |
|