agustín
     
 
1989
A cidade dos desexos

1990
As flores radiactivas

1991
Contos por palabras
·
Lonxe do mar

1992
O tesouro do dragón Smaug

1993
As tundas do corredor
·
Rapazas

1994
Trece anos de Branca
·
Unha lúa na fiestra

1995
Cartas de inverno
·
Amor dos quince anos, Marilyn

1996
Avenida do Parque, 17

1997
O centro do labirinto

1998
A néboa escura
·
O laboratorio do doutor Nogueira

1999
As fadas verdes
·
Cos pés no aire
·
A nube de cores

2000
Aire negro
·
O soño do merlo branco

2001
No corazón do bosque
·
Un tren cargado de misterios
·
Ana e o tren máxico

2002
Noite de voraces sombras

2003
O meu nome é Skywalker
·
A Serea da Illa Negra
·
A praia da esperanza

2004
Tres pasos polo misterio
·
Raquel ten medo
·
Laura e os ratos

2005
A escola dos piratas
·
A noite dos animais
·
A fuxida do mar
·
Fantasmas no corredor
·
¡Que medo, mamá Raquel!

2006
Corredores de sombra
·
Os gardiáns do bosque
·
Querido inimigo
·
O Raio Veloz

2007
O único que queda é o amor

2008
A pastelaría de dona Remedios
_____________

Varios
 
Agustín Fernández Paz: Querido inimigo
Ilustracións de Tesa González

Col. Tucán 8+. Laranxa, 11. Ed. Rodeira -Grupo Edebé. A Coruña, 2006

Querido inimigo

Laura tenlles medo aos cans, sexan grandes ou pequenos. Treme cando ten que pasar onda un deles. Desde que, cando tiña 7 anos, na festa de aniversario da amiga Cristina a recibiu un enorme can negro que se estomballou sobre ela e púxose a lambela, quedoulle tal pavor que non soporta ver un can diante. Por iso levou un gran disgusto cando unha mañá soubo que os veciños novos do terceiro piso tiñan un can. Aterrábaa a posibilidade de que un día calquera puidese bater con el ao entrar ou saír da casa.
E ocorreu aquela mesma mañá de domingo: cando baixaba no ascensor coa nai para ir ao parque, entraron no ascensor o novo veciño co seu fillo, Xavier, levando da correa un sétter irlandés de nome Argos, que empezou a uliscar a Laura. Aínda que lle dixeron que era tranquilo, ela non sabía onde meterse. Poucas semanas despois empezou o curso. Xavier e ela coincidiron na mesma aula, e tamén Marta, a súa mellor amiga. Os tres ían xuntos ao colexio e mesmo xogaban ou facían as tarefas escolares na casa de Marta ou Laura. Mais esta sempre argallaba algunha escusa para non ir á de Xavier, pois non soportaba a idea de atoparse con Argos.
Ata que unha tarde cando ía ao parque se lle meteu no ascensor o can, meneando o rabo de contento. Ela non se movía, aterrorizada. Logo, seguiuna ata o parque, onde se quedou a ollar tan tranquilo como ela xogaba coas amigas. Pero entón apareceu o matón de Henrique coa súa cuadrilla de abusóns e quitoulles a pelota ás rapazas. Argos botouse a el, que fuxiu deixando a pelota. E Laura correu a acariñar o can, agradecéndolle que a defendera.
Desde aquela, Argos dá saltos de alegría cada vez que ve a Laura e ela aloumíñao con timidez. Xa non ten reparo en que vaia con ela e Xavier. Non lle perdeu medo de todo aos cans, pero si a el: sabe que ten un amigo especial..

56 p. - 20x13 cm.                                                  ISBN    978-84-8349-021-1



Traduciónslinha

Castelán Querido enemigo
Il. Tesa González - Trad. Isabel Soto
Col. Tucán 8+. Serie naranja, 37. Edebé. Barcelona, 2006
56 p. - 20x13 cm / ISBN: 978-84-236-8186-0




       
raiaVolverEntrevistaVídeosTextosMateriaisTraduccións