agustín
     
 
1989
A cidade dos desexos

1990
As flores radiactivas

1991
Contos por palabras
·
Lonxe do mar

1992
O tesouro do dragón Smaug

1993
As tundas do corredor
·
Rapazas

1994
Trece anos de Branca
·
Unha lúa na fiestra

1995
Cartas de inverno
·
Amor dos quince anos, Marilyn

1996
Avenida do Parque, 17

1997
O centro do labirinto

1998
A néboa escura
·
O laboratorio do doutor Nogueira

1999
As fadas verdes
·
Cos pés no aire
·
A nube de cores

2000
Aire negro
·
O soño do merlo branco

2001
No corazón do bosque
·
Un tren cargado de misterios
·
Ana e o tren máxico

2002
Noite de voraces sombras

2003
O meu nome é Skywalker
·
A Serea da Illa Negra
·
A praia da esperanza

2004
Tres pasos polo misterio
·
Raquel ten medo
·
Laura e os ratos

2005
A escola dos piratas
·
A noite dos animais
·
A fuxida do mar
·
Fantasmas no corredor
·
¡Que medo, mamá Raquel!

2006
Corredores de sombra
·
Os gardiáns do bosque
·
Querido inimigo
·
O Raio Veloz

2007
O único que queda é o amor

2008
A pastelaría de dona Remedios
_____________

Varios
 
Agustín Fernández Paz: ¡Que medo, mamá Raquel!
Ilustracións de Fran Jaraba
Edicións Singulares. Eds. Xerais. Vigo, 2005

¡Que medo, mamá Raquel!

Fran e Sara quedan sós na casa pois os pais van ao cine e a avoa Raquel aínda non chegou para encargarse deles. E xa é noite. Fóra bufa o vento como un tolo e a chuvia bate con furia contra os cristais. De repente, vaise a luz. Collidos da man, buscan pola casa unha lanterna, mais na escuridade descobren estraños seres no cuarto da nai escultora, como se unha bruxa entrase pola fiestra desordenalo; a sala é un bosque sombrío co sofá transformado nun animal terrible; un dragón de longo pescozo tenta pillalos cando abren a porta, ata que inmóbil, réndese; unha voz como a da veciña chámaos do outro lado da porta, mais ha ser un lobo que a comeu e agora se disfraza para enganalos... No portal hai un ogro terrible que trata de pecharlles a saída á rúa, en total escuridade, como se ata alí chegase tamén a maldición da bruxa: onde antes estaba a rúa hai unha grea de monstros metálicos con ollos que brillan de xeito estraño. Logran cruzar ao outro lado, á busca da casa da súa amiga Ana...
De súpeto todas as luces da cidade se iluminan e xorde detrás deles a avoa, Mamá Raquel, que os leva de volta para a casa. No portal xa non hai ogro, senón o porteiro, que explica que houbo un corte de luz, que xa está arranxado, por mor da tormenta. Na casa, só hai silencio, como se todos os perigos se esvaecesen ante a poderosa presenza da avoa. Ela coloca a aspiradora, a alfombra, pois está todo desordenado e failles a cea. Os rapaces contémplana con admiración: con ela non teñen medo, pois ningún monstro ou fantasma pode resistir a poderosa maxia de mamá Raquel.
Álbum publicado nunha edición especial. As ilustracións enmarcan o texto nun espacio próximo á estética da banda deseñada.

40 p. - 25x25 cm.                                                             ISBN    84-9782-380-X




       
raiaVolverEntrevistaVídeosTextosMateriaisTraduccións