agustín
     
 
1989
A cidade dos desexos

1990
As flores radiactivas

1991
Contos por palabras
·
Lonxe do mar

1992
O tesouro do dragón Smaug

1993
As tundas do corredor
·
Rapazas

1994
Trece anos de Branca
·
Unha lúa na fiestra

1995
Cartas de inverno
·
Amor dos quince anos, Marilyn

1996
Avenida do Parque, 17

1997
O centro do labirinto

1998
A néboa escura
·
O laboratorio do doutor Nogueira

1999
As fadas verdes
·
Cos pés no aire
·
A nube de cores

2000
Aire negro
·
O soño do merlo branco

2001
No corazón do bosque
·
Un tren cargado de misterios
·
Ana e o tren máxico

2002
Noite de voraces sombras

2003
O meu nome é Skywalker
·
A Serea da Illa Negra
·
A praia da esperanza

2004
Tres pasos polo misterio
·
Raquel ten medo
·
Laura e os ratos

2005
A escola dos piratas
·
A noite dos animais

_____________

Varios
 
Agustín Fernández Paz: A noite dos animais
Ilustracións de Enjamio

Col. Árbore, 138. Serie Laranxa
Ed. Galaxia. Vigo, 2005

A noite dos animais

Esta é unha noite especial para Raquel: aos seus sete anos, ten que quedar soa na casa porque seus pais van ao teatro, xa que a súa mai vai debutar como actriz afeccionada. Mais desta vez a tía Sara non poderá acompañala, como fai sempre que a precisa. Logo de caear lambetadas, Raquel non sabe en qué enredar, ata que bate cun fermoso caderno de debuxo que lle trouxera a tía dunha das súas viaxes, un "fantastic book" chinés. E comeza a debuxar nel: un caracol e unha bolboreta... que cobran vida fóra do caderno ata que se esvaecen cando o pecha. O mesmo ocorre coa galiña Tragatodo, os peixes dun acuario... Aínda que ao debuxar a Simba, o Rei León do cine case se bota a ela... Sen embargo o can de Tintín, Milú, pásao moi ben xogando con ela.
E chegan os pais de volta. A sala está algo desordenada, mais Raquel está ben, polo que é evidente que xa está preparada para quedar soa outro día. Ademais, para ela non é ningún problema: ¡restan aínda tantas follas no caderno fantástico!

58 p. - 20x13 cm.                                                          ISBN    84-8288-805-6




       
raiaVolverEntrevistaTextosMateriaisTraduccións