| |
1989 A cidade dos desexos 1990
As flores radiactivas
1991 Contos por palabras
· Lonxe do mar
1992 O tesouro do dragón
Smaug 1993 As tundas do
corredor · Rapazas 1994
Trece anos de Branca ·
Unha lúa na fiestra
1995 Cartas de inverno
· Amor dos quince anos,
Marilyn 1996 Avenida do
Parque, 17 1997 O centro
do labirinto 1998 A
néboa escura · O
laboratorio do doutor Nogueira 1999
As fadas verdes ·
Cos pés no aire ·
A nube de cores 2000
Aire negro ·
O soño do merlo branco
2001 No corazón do
bosque · Un tren cargado
de misterios · Ana e o tren
máxico 2002 Noite
de voraces sombras 2003 O meu nome é Skywalker
· A Serea da Illa Negra
· A praia da esperanza
2004 Tres pasos polo misterio
· Raquel ten medo
· Laura e os ratos
2005 A escola dos piratas
· A noite dos animais
_____________ Varios
|
|
|
Agustín Fernández Paz:
Contos por palabras
Ilustracións de Miguel Vigo Col.
Merlín. Eds. Xerais. Vigo, 1991 Premio Lazarillo 1990 Lista
de Honra do IBBY 1992 Premio Lecturas 2002 - De 11 a 13
anos |
|
|
No xornal tamén aparecen
informacións sobre a "xente corrente", na sección dos
anuncios por palabras. Deles sae o motivo para estes oito contos. A
"realidade" vulgar do periódico abre a porta da
imaxinación literaria. Os textos abanan entre o elemento marabilloso
-como no caso do dono dunha axencia de contactos empeñado, por orgullo
profesional, en atoparlle parella a un unicornio azul- e o realismo -unha mai
está obsesionada por converter a súa filla en nena-anuncio-, polo
que non sorprende que nunha funeraria contraten a Drácula e nunha
empresa de limpeza traballe eficazmente Spiderman. Deste xeito, a posibilidade
de duplicar chaves sen o orixinal permite conseguir unha copia da chave da
felicidade, a empregada dun salón de beleza ten que arregrarlle as mans
a un nobre inglés nas noites de lúa chea, pois é un
home-lobo, ou un rotulista axeita os ridículos nomes para negocios que
lle encargan. O último relato parte dun anuncio de que se compran
libros antigos. Gracias a el, o protagonista consegue facerse co "Libro
das infinitas historias", no que o lector altera a narración ao seu
gusto. O libro péchase coa sección "Cando o autor fala
de si", habitual na colección.
|
|
112 p.
- 19x14 cm.
ISBN 84-7507-557-6
|
|
|
Col.
Merlín. Eds. Xerais. Vigo, 2001 128 p. - 19x14 cm.
ISBN 84-8302-634-1
8ª edición sen a
sección "Cando o autor fala de si", con novas
ilustracións de Enjamio e dous relatos máis: Un doce
emprego, sobre a demanda no periódico dun axudante para
bombonería de luxo, que un parado despreza por sospeitar que pode
agachar un intento de aproveitarse do seu inglés do bacharelato.
Un máxico negocio, no que un bruxo de moda, universitario e
moderno, que fai os conxuros cun programa de ordenador, converte o fillo en ra
verde cando este lle desintegra unha súa entrevista no xornal.
|
|
|
Col. Biblioteca
galega 120, 78 La Voz de Galicia / Eds. Xerais. A Coruña / Vigo,
2002 117 p. - 22x13 cm
ISBN 84-88254-97-0 / 84-8302-757-7
Reedición da
versión de 2001sen ilustracións, na colección do xornal
La Voz de Galicia.
|
|
Traduccións |
|
Cuentos por
palabras Trad. Rafael Chacón Calvar Col. El barco de
vapor. Serie Oro. Roja, 2. Ediciones SM. Madrid, 1991 140 p. - 21x15 cm /
ISBN: 84-348-3458-8 |
|
Cuentos por
palabras Trad. Rafael Chacón Calvar Col. El barco de
vapor. Roja, 108 . Ediciones SM. Madrid, 1999 112 p. - 19x12 cm / ISBN:
84-348-6422-3 |
 |
Contes per
paraules Il. Xan López Domínguez Col. El vaixell
de vapor. Vermella, 41. Ed. Cruïlla. Barcelona, 1991 112 p. - 19x12 cm
/ ISBN: 84-7629-566-9 |
 |
Iragarki-ipuinak Il. Olga Pérez -
Trad. Jon Suarez Barrutia Col. Baporea bilduma, 34.Sail gorria, 8. Ed. SM.
Arrigorriaga, Bizkaia, 1992 133 p. - 19x12 cm / ISBN: 84-348-3717-X
|
 |
Cuentos por
palabres Il. Carmen Peña - Trad. Esther Castro Col.
Montesín, 7. Ed. Trabe. Uviéu, 1993 87 p. - 19x12 cm / ISBN:
84-8053-027-8 |
 |
Le livre des petites
annonces Trad. André Gabastou Col. Récits. Ed. La
Joie De Lire. Genève, 2001 152 p. - 11x18 cm / ISBN:
2-88258-205-6 |
|