|
Participantes. Poden participar
alumnos de 3º e 4º de ESO e Bacharelato que cursen estudios en
Galicia, e non teñan cumpridos os 20 anos o 31 de decembro do ano
anterior ao do fallo. Modalidades. Os traballos
deberán ser orixinais e inéditos, escritos en lingua galega e
poderán concorrer nas seguintes modalidades:
Poesía: un conxunto de tres poemas, de tema e forma
libres. Narración: con extensión
máxima de seis folios mecanografiados a dobre espacio e de tema libre.
Presentación. Enviaranse seis exemplares. Neles
figurará o título e un seudónimo ou lema, pero non o nome
do autor. Nun sobre pechado introduciranse os datos personais do autor (nome,
idade, enderezo, teléfono particular, curso e Centro onde estudia), que
-para acreditar a súa condición de alumno do Centro- virán
selados polo Seminario de Galego. No exterior do sobre figurarán
unicamente o seudónimo ou lema e o título da obra.
Traballos e plica enviaranse conxuntamente a: PREMIOS LITERARIOS
MINERVA. Colexio M. Peleteiro. San Pedro de Mezonzo, 27. 15701. Santiago de
Compostela. Premios. Tres premios en cada modalidade,
de 750, 450 e 300 euros respectivamente, medalla de prata conmemorativa do
Certame e publicación das obras galardonadas nun libro editado polo
Colexio "M. Peleteiro". Se na opinión do Xurado a
calidade das obras así o requerise poderán outorgarse
accésits. Os premios poderán ser declarados
desertos. Xurado. Estará constituído por
escritores e profesores de Lingua ou Literatura de distintos centros de ensino
de Galicia e darase a coñecer con anticipación á
emisión do fallo. Prazo. O prazo de
presentación remata o día 31 de marzo.
Fallo. Farase público nos medios de
comunicación o día 10 de maio.
Final. A entrega de premios terá lugar o día
22 de maio nun acto literario no Colexio M. Peleteiro. Nel, os
agasallados deberán ler, total ou parcialmente, a súa obra. Esta
quedará en propiedade do Colexio organizador. |