|
Convoca:
Baía Edicións. Dotación: un
único premio dotado coa cantidade de 2.500 euros.
Edición: a obra será publicada por Baía
Edicións na súa colección Meiga Moira, renunciando a
persoa gañadora aos dereitos de autoría da primeira
edición, tanto en galego como noutras linguas de posíbel
publicación por parte da editorial. No caso de realizarse unha
segunda edición, esta rexerase polo modelo de contrato de autoría
propio de Baía Edicións. A obra finalista será
publicada segundo contrato de autoría estabelecido por Baía
Edicións.
Tema: libre.
Xénero: creación literaria libre.
Destinatarios: nenas e nenos de 8 a 16 anos.
Lingua: galega, de conformidade coas Normas Ortográficas
e Morfolóxicas do Idioma Galego aprobadas pola RAG .
Extensión: sen límite de páxinas, en letra
Times corpo 12 e a dobre espazo. Presentación:
orixinal e cinco copias de obras inéditas e non premiadas.
Con cada orixinal, que deberá ser presentado baixo lema, xuntarase, en
sobre pechado, o nome completo, enderezo, teléfono e correo
electrónico do autor ou autora, así como o título da obra
e grupo de idade ao que vai dirixida (8 a 12 anos ou 12 a 16). As
obras non premiadas non serán devoltas pola editorial.
Prazo de admisión: antes do 17 de Maio de 2010.
Xurado: composto por cinco persoas de recoñecido prestixio,
unha delas da propia editorial, que actuará, asemade, como
secretaria.
Fallo: a resolución do xurado darase a
coñecer o 1 de outubro do 2010. Enderezo:
BAÍA EDICIÓNS Polígono Pocomaco, 2ª Avda. Parcela
G-18, Nave Posterior. 15190 A Coruña. |