|
Convoca: Editorial Luis Vives.
Dotación: un único premio, dotado con 12.100
euros. A concesión do premio leva incluída a publicación,
por parte de Edelvives, da obra premiada na colección Ala Delta. O
importe do mesmo computarase a conta dos dereitos de autor que se estipulen nos
contratos de edición. Tema: libre
Xénero: libre. Lingua: lingua
castelá ou calquera das linguas autonómicas.
Extensión: obras mecanografadas a dobre espacio, dun
mínimo de 50 folios e un máximo de 120.
Presentación: dúas copias. Os originais
inéditos enviaranse baixo plica, que debe conter o nome, o enderezo e o
número de teléfono do autor. O xurado procederá á
apertura da plica do orixinal gañador unha vez emitido o fallo.
Edelvives ofrece opción prioritaria de publicación das obras
presentadas a este concurso e resérvase o dereito de abrir as plicas de
cantos orixinais considere de interese para a súa edición unha
vez feito público o fallo do xurado. Prazo de
admisión: ata o 2 de novembro de 2010. Xurado:
nomeado por Edelvives e formado por especialistas en literatura e en
educación. Fallo: farase público na segunda
quincena de xaneiro de 2011. Devolución de
orixinais: non se devolverán os orixinais non premiados.
Enderezo: Edelvives (Premio Ala Delta). Xaudaró, 25 - 28034
Madrid. |