blix



Eva Mejuto: O zapateiro e os trasnos
Ilustracións de Elia Manero

Col. Os Contos do Trasno. Kalandraka Editora. Pontevedra, 2003
White Ravens 2004

O zapateiro e os trasnos

Érase unha vez un zapateiro que vivía coa muller nun soto pequeno e frío. Tan pobres eran que pasaban sen comer para mercar coiro co que facer zapatos. Unha noite, cando só tiña coiro para un par de zapatos, teimou en facelos ata que machucou un dedo co martelo e tivo que ir durmir antes de acabalos. Pola mañá, enriba da mesa apareceu un fermoso par rematado, que axiña comprou unha muller por unha moeda de ouro. Con ela mercou coiro para dous pares de botas, que tampouco deu acabado pois machucou dous dedos. Mais á mañá tamén estaban rematadas e axiña vendidas por dúas moedas de ouro. Entón tivo coiro para outros tres pares. Non traballou esa noite, senón que se agachou para ver quen lle facía o calzado: eran dous simpáticos trasnos espidos. Como agradecemento, el e maila muller fixéronlles cadanseu traxe e uns zapatiños a cada un. Entón os trasnos puideron marchar de viaxe e nunca máis volveron. Pero ao zapateiro e a súa muller non lles importou: desde aquela, a tenda estivo sempre chea de xente.
Adaptación a partir do conto popular en formato álbum.

42 p. - 22x22 cm.                                                               ISBN    84-8464-212-7



.  
TRADUCIÓNS

castelan El zapatero y los duendes
Il. Elia Manero
Col. Libros para soñar. Kalandraka Ediciones Andalucía. Sevilla, 2004
34 p. - 22x22 cm / ISBN: 84-9337-557-8


Opinion