blix



Colectivo Crisol: O zampón
Ilustracións de Pepe Carreiro

Col. Contos populares. Eds. A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas. Vigo, 1999


O zampón

Mariquiña vivía nunha aldea e cando ía á escola, que lle quedaba lonxe, levaba unha bulsa coa merenda. Un día atopou no camiño unha formiga que lle pediu algo de comer. Deulle unhas frangullas. E así fixo os outros días.
Unha mañá, todos na escola estaban tristes porque seica ía vir o zampón papalos. Mariquiña contoullo á formiga, que lle prometeu a súa axuda. Ao día seguinte, meteuse na súa bulsa. Na escola só estaba a mestra, chorando con medo. E apareceu o zampón. Entón a formiga arreoulle semellante picada no cu que o fixo fuxir sen sequera mirar atrás. E nunca máis volveu asustar ás nenas da escola.
Nova entrega, en tapa dura e con ilustracións a cores, da colección de contos populares adaptados.

24 p. - 16x16 cm.                                                          ISBN    84-89976-91-0



Opinion