blix



Rosa Mª García Vilariño: Xosé faise amigo do vento
Ilustracións de Manolo Uhía

Col. Sotelo Blanco infantil e xuvenil, 3. Serie O lapis
Ed. Sotelo Blanco. Santiago, 1990

Xosé faise amigo do vento

Xosé é un rapaz de tres anos que vive no Ventorrillo, a parte alta da vila onde sempre sopra moito o vento. Ten dous irmáns maiores que ás veces non o admiten nos seus xogos. Por iso quere e non quere xogar con eles. Un día de moito ventear non daba nin andado e mesmo foi a rolos polo campo abaixo levado polo vento. Desde aquela o medo non o deixa saír fóra xogar. Pero na casa abúrrese.
Ata que viu un rapaz xogando cun papaventos. Entón pensou en facerse amigo do vento e brincar con el. O seu novo amigo levoulle a pucha dun lado para outro. Era divertido. Pero o mellor foi cando xogou cunha corda e unha vella cana de pescar, como se fose un cabalo. O seu amigo ergueuno no aire e levouno a dar unhas voltas. E a xente fregaba os ollos abraiada porque non lle parecía certo o que vía.

34 p. - 13x18 cm.                                                               ISBN    84-7824-082-9



Melanio e os paxaros .
Rosa Mª García Vilariño: Xosé e o vento
Ilustracións de Ángeles Maldonado


Col. Montaña Encantada. Serie Azul
Ed. Everest Galicia. León, 2002

Edición revisada para outra colección e editorial.
Novas ilustracións.

48 p. - 21x19 cm.        ISBN    84-403-0417-X



Opinion