blix



Carmen Baz: Xogando ás adiviñas
Ilustracións de Suso Cubeiro

Col. Montaña Encantada. Serie Azul
Ed. Everest Galicia. León, 2005

Xogando ás adiviñas

Sonoras adiviñas en verso, nun total de dezasete, sobre temas asequibles desde o territorio infantil. Predominan os elementos da natureza (vento, lúa, ondas, allo, cebola, millo, castaña, mazá, uvas, caravel), hai dúas sobre o mundo animal (ovella, peixe) e un terceiro grupo integrado por obxectos da cotidianeidade (mistos, pelota, reloxo, coche, libro).
A integración texto-imaxe conséguese participando das solucións , de tal modo que, ademais do xogo reflexivo sobre as palabras, a busca visual do referente das adiviñas convértese nun exercicio lúdico para o lectorado das primeiras idades.
A sonoridade e sinxeleza do verso atopa un eco gráfico na concepción dinámica e detallista do traballo de ilustración, de forte impacto visual.

48 p. - 21x19 cm.                                                            ISBN    84-403-0522-2



.

RECENSIÓNS

  .      La Voz de Galicia - Paula Fernández



Opinion