| Luís
Ben: Xogan coa neve Ilustracións de Luís Ben Col. Uxía e os Pillabáns, 8. Sotelo Blanco Edicións. Santiago de Compostela, 2007 |
|
Despois de almorzar Uxía baixa á rúa,
cuberta por un gran manto branco, para xogar cos Pillabáns a guindarse
bólas de neve, que parece algodón. Fan un moneco de neve, que
deixan a medio facer para botar carreiras pola costa abaixo cuns
plásticos que lles deu o xeñor Fuco. Chegan primeiro Noa e
Uxía, pois Fito e Pipo perden o equilibrio e saen despedidos polo aire.
Mais como a neve é brandiña non se mancan. Mentres, o
señor Fuco rematou de facer o moneco. Así Uxía pode ter a
foto que lle faltaba como recordo da neve. |
|