blix



Tareixa Alonso: Xil Moniz
Ilustracións de Belén Padrón

Col. Os Contos do Trasno Comodín. Kalandraka Editora. Pontevedra, 2001

Xil Moniz

Trata esta adaptación a partir do conto popular dun rapazote lacazán, Xil Moniz, que o único que facía era andar diario de paseo. Un día atopou un gran de millo e con el empezou o seu gran negocio: como tiña roto o peto do pantalón, pediulle a unha veciña que llo gardase mentres el ía dar unha volta e como, nun descoido desta, comeuno a galiña, esixiulle logo, testán, o animal a cambio do gran. Repetiu a operación cunha nova veciña, conseguindo a cambio un porco, que matara a galiña que el lle deixara. Logo, outra, por lle perder o porco, tivo que lle dar a súa filla, que meteu nun saco.
Pero como era canso pasear con el ao lombo, deixoullo a outra veciña máis, quen, informada pola moza da manobra do lacazán, meteu no saco o can máis rabioso que tiña. Cando Xil volveu e, todo contento, abriu o saco buscando un bico da moza, o que atopou foi unha merecida mordedela no nariz.

36 p. - 22x22 cm.                                                               ISBN    84-8464-116-3



Opinion