|
María
Canosa: Xiana, a nena pirata |
![]() |
Xiana é a
capitá do Vagalume, o seu barco pirata no que navega cada noite, dende
que se agocha o sol ata que sae de novo co mencer, guiándose pola luz
dos faros e a lúa. É unha pirata diferente: a única pirata
do mundo que ademais de parche usa lentes e non leva canóns nin
fusís senón redes, bicheiros ou nasas, nin pano ou sombreiro
pirata senón un casco viquingo. Este ano está preocupada pois vai
acabar o verán e aínda non atopou tesouro ningún. O que
busca son estrelas de mar de colores, pois é a encargada da
colección do seu colexio. |
|